Skip to Content

Visita da Asociación Enki para os de 5º e 6º

Os representantes da Asociación Enki fixeron unha visita especial ao noso colexio para compartir información sobre a súa importante labor e promocionar a vindeira carreira. Diante dunha audiencia atenta de estudantes e profesores de 5º e 6º; explicaron a misión da asociación de apoiar e empoderar a persoas con discapacidade a través do deporte.

Durante a charla, destacaron os beneficios físicos, emocionais e sociais do deporte adaptado, así como os detalles da próxima carreira inclusiva organizada pola asociación. Os estudantes tiveron a oportunidade de facer preguntas e aprender máis sobre como poden participar e colaborar coa causa.

 



page | by Dr. Radut