Skip to Content

Obradoiro de percusión para 5º e 6º

 

Os estudantes de 5º e 6º do noso cole experimentaron a fusión perfecta entre música e conciencia ambiental grazas ao obradoiro de percusión ofrecido polo grupo EcoPercusión.

Co son dos tambores feitos con materiais reciclados encheu os pasillos do noso colexio cun ritmo enérxico e envolvente. Os participantes tiveron a oportunidade de aprender sobre a importancia da sustentabilidade mentres disfrutaban da música.

Bailar, tocar os instrumentos e crear música xuntos foron só algunhas das actividades nas que os nosos estudantes participaron activamente. O taller non só foi divertido, senón tamén educativo, pois co obradoiro de EcoPercusión compartiu valiosos coñecementos sobre a creación de instrumentos a partir de materiais reciclados.

 



page | by Dr. Radut