O Equipo da Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convídanvos a participar na elaboración de máscaras feitas con materiais de reciclaxe.
Tema: O Camiño Primitivo (Relacionado co proxecto que estamos a desenvolver neste curso).
Propostas: Máscaras con temática do Camiño de Santiago (xograres, trovadores, instrumentos musicais, monxes, manuscritos, cabaleiros, escudos, damas, peregrin@s , tiraboleir@s, botafumeiro, pousadeir@s, gárgolas, símbolos e sinais do camiño, uteis dos peregrinos, dragóns…
Cada participante poderá acompañar a súa máscara dalgunha lenda, cantiga medieval ou información sobre a propia máscara.
Haberá premios para as máscaras máis orixinais e que máis relación teñan co tema proposto. Expoñeranse na Biblioteca do Centro.
O último día de recollida de traballos será o luns 5 de febreiro.
ENTROIDO 2018
Deixamos as nosas pegadas no Camiño pola Paz neste 30 de xaneiro Día Escolar pola Paz e a non Violencia.
Traballos plásticos e acto musical conxunto de toda a Comunidade Educativa plasmado neste video.
Pincha no enlace: https://drive.google.com/open?id=1Jjp2Wnr2v2tWAVR8ci5kMvIgEmkNhUT-
Boas e merecidas vacacións.
Realizado polo alumnado de quinto e sexto de primaria polo Samaín e dentro do Proxecto que estamos realizando neste curso: "O Camiño Primitivo ao seu paso por Lugo".
Traballo realizado polos nenos e nenas de Educación Infantil, Primeiro, Segundo, Terceiro e Cuarto de Primaria no Samaín e relacionado co Proxecto que estamos a desenvolver neste curso: " O Camiño Primitivo ao seu paso por Lugo".
25 DE NOVEMBRO. DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O profesorado do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín, propón a nivel Autonómico a seguinte actividade de sensibilización:
Co formato twiter, paxaro incluído, facer un mural co hastag
#Equaliter, poñendo unha frase dos nenos en contra deste tipo de violencia.
Exemplo: #EqualiterPorunmundomellor,
#EqualiterNuncamais….
O Equipo da Biblioteca propoñemos facer tres hastags por clase. Os nenos que non saben escribir poden facelo cun debuxo: #Equaliter debuxo.
Cada frase pode colocarse nun tercio dun folio en vertical.
O mural colocarase na Biblioteca.
A data de entrega dos hastags sería o 23 de novembro, porque hai que enviar fotos o 24 de novembro para a realización dun video que editarán no colexio de Abadín.
FOTOS MURAL SAGRADO CORAZÓN
https://drive.google.com/drive/folders/
1isiWuzXjuf943cS0Xz1D1RJvi8xmlpE3?usp=sharing
VIDEO realizado polo colexio de Abadín coa colaboración de 30 colexios a nivel autonómico, entre eles o noso, para concienciar sobre esta lacra social: A violencia de Xénero.
Preme no enlace para ver as fotos:
https://drive.google.com/open?id=1v-AN-oKKn4OzNo1mLMDu713dL2xnO76p
O CAMIÑO PRIMITIVO AO SEU PASO POR LUGO
WEBS DE REFERENCIA
http://blogs.xunta.gal/mirandopolocamino/es/actividades-no-ceip-illa-verde/
http://caminodesantiago.consumer.es/albergue-de-lugo
http://uncaminoparaconvivir.blogspot.com.es/
https://abibliodeleirado.blogspot.com.es/search/label/Cami%C3%B1os%20a%20Santiago
http://peregrinodeleirado.blogspot.com.es/
https://vivecamino.com/guia-del-camino-de-santiago/
https://vivecamino.com/informacion/
https://es.wikipedia.org/wiki/Bestiario
http://rz100.blogspot.com.es/2013/05/pelusa.html
http://www.paris-infinito.com/no-eran-gargolas-sino-quimeras/
http://osbolechas.gal/peregrinos/
https://www.cultura.gal/gl/mirando-polo-camino
https://www.cultura.gal/gl/patrimonio-cultural
https://www.cultura.gal/gl/caminos-santiago
http://www.caminodesantiago.gal/es/inicio
https://www.cultura.gal/gl/publicacions?field_pub_area_tematica_tid=59
https://vivecamino.com/el-camino-como-aula/
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content
_type/learningobject/2015/09/09/126fdc4ac4cd625216e90196bdf3c096.pdf
PROPOSTAS OUTUBRO-NOVEMBRO 2017
Este curso a Biblioteca solicitou a través do Plan Proxecta o proxecto: O Camiño Primitivo ao seu paso por Lugo. Pretendemos que toda a actividade desenvolvida xire arredor desta temática, tal e como recolle o PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) ao que este centro pertence. Por eso, propoñemos as seguintes actividades:
DÍA DA BIBLIOTECA 24 de Outubro. (última semana de outubro)
No seguinte enlace temos información sobre o significado deste día.
http://www.mecd.gob.es/cultura/
areas/libro/mc/observatoriolect/
redirige/destacados/2017/octubre/mundo-bibliotecas/dia-biblioteca-2017.html
. Recordarvos que é un bo día para vir á Biblioteca na HORA DE LER. Cada curso ten asignada unha hora.
. Revisión da GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA que hai en cada aula.
. Realización dun marcapáxinas.
SAMAÍN (semana do 6 ao 10 de Novembro)
PARA 5º E 6º
. INVESTIGAMOS POLO SAMAÍN sobre seres terroríficos de pedra, as gárgolas, e outras esculturas mitolóxicas que decoran catedrais e edificios antigos: Aspid, Dragón, Esfinxe, Hidra…
Debuxo e breve explicación do seu significado.
Exposición na Biblioteca para a posterior realización dun BESTIARIO.
( Material bibliográfico na Biblioteca).
PARA INFANTIL, PRIMEIRO, SEGUNDO, TERCEIRO E CUARTO.
. DEBUXA O TEU MONSTRUO. Os debuxos expoñeranse na Biblioteca e recolleranse noutro BESTIARIO.
TODO O ALUMNADO
. EXPOSICIÓN DE CABAZAS MONSTRUOSAS. (30 e 31 de Outubro. Levaranse para a casa o venres 3 de Novembro).
Na Biblioteca expoñerase unha por clase, o resto deixarase nas aulas ou nos espacios entre aulas.
. MOCHILAS VIAXEIRAS
Na primeira semana de Novembro podedes seleccionar o contido das Mochilas Viaxeiras.