Durante a celebración do Samaín a nosa biblioteca encheuse de personaxes tenebrosos para poñernos en situación e experimentar esta festa tan nosa.
Un esqueleto dávos a benvida coa bola do mundo onde penduran estes personaxes de medo relacionados coas distintas culturas polo mundo adiante.
Distintos lugares, diferentes personaxes, un mesmo fin: Amendrentar, pór en alerta, sacar o medo a pasear para protexernos e estar atentos ante o descoñecido.
Samaín ou como lle din nos países anglofalantes, Halloween, é o momento onde as meigas, a Santa Compaña e o conxuro coa auga ardente para espantar aos espíritus na nosa galicia, saen en procesión xunto á Meiga do Oeste en Kansas, á Catrina de México, á calavera de Piratas no Caribe, ao Diaño en Tasmania, ao Frankenstein na Suíza, ao Xorobado de Notre Dam en París, ao Drácula en Transilvania, a Familia Adams en Nova York, as momias en Exipto
Nas fotos pódese ver a presentación do Samaín acompañados de obxectos relacionados co tema.
No segundo panel a representación de varias Comunidades Autónomas acompañadas do correspondente personaxe típico da tipoloxía do medo.
Ata o libros saíron dos seus estantes para disfrazarse e dar medo: Pantasma, Meiga, Diaños, Cabaza.
Un HORROR DE TOMO E LOMO!!