Despois dun curso no que tivemos que pasar por unha situación das máis raras e complexas nas nosas vidas, e como non, nas nosas escolas, so nos queda felicitarvos porque estivestes á altura e superastes un importante reto, non exento de esforzo.
O equipo da Biblioteca queremos dar as grazas a todo o alumnado, profesorado e familias pola vosa colaboración . O ensino non se entendería sen todas as vosas achegas.
Agora toca un merecido descanso no que non esquezades acompañarvos dunha boa lectura que fará voar a vosa imaxinación.
Boa lectura e bo verán.