O mércores 5 de novembro, todos os rapaces de 6º fixemos unha saída á Axencia Tributaria. Alí déronnos unha charla na que nos explicaron o que eran os fraudes fiscais, o diñeiro negro, en que se invertían os impostos, que todos os cidadáns temos que pagar...
Pasámolo ben e foi unha experiencia interesante aínda que falaron de temas difíciles de entender para nós. Gustaríanos volver dentro duns anos, cando teñamos máis coñecementos deses temas.
Información facilitada por Uxía e Oliver de 6º A