Iniciar sesión
SECRETARÍA
Actividades Complementarias e Extraescolares
Festival Fin de Curso 2024
admin — Dom, 23/06/2024 - 22:59
Todo o alumnado do colexio celebrou o final deste curso cun festival cheo de marcha e Rock 'n' Roll. Agora toca descansar e cargar as pilas para comezar o vindeiro curso 2024/2025 con forza, alegría, ilusión e enerxías renovadas.
Boas vacacións a tod@s!!!
Mural Día da Paz 2024
admin — Lun, 17/06/2024 - 19:54
O mural da Paz deste curso 2023-24 recolle diferentes aportacións de artistas contemporáneos que se expresan a través da arte nas rúas, graffitis, arte dixital… O que se pretende é promover unha reflexión ante diferentes conflitos armados que están sucedendo no mundo nestes momentos. Os artistas non están desconectados do mundo e queremos valorar a importancia das mensaxes que se transmiten a través das diferentes linguaxes artísticas e fomentar a expresión plástica, a creación, a libre expresión de ideas desde o respecto á diversidade, a xustiza e o pacifismo.
O lema In unity we believe, souls have no flags (que está perfectamente representado pola imaxe das dúas nenas abrazadas) é do dúo Lediesis. A imaxe da nena abrazando os seus xeonllos é da artista Shamsia Hassani. A palabra Peace/Please e as grietas da parede están tomadas de Dido. A nena que perde o globo é unha obra ben coñecida de Banksy. Toda a composición pretende facer visible a situación de inseguridade, a impotencia, o medo e a aniquilición que veñen da man dos conflitos armados, e quere reforzar a idea de paz e a crenza de que a través da arte pódense abrir os ollos das persoas e, mesmo, promover o pensamento crítico e, a partir de aí, xerar cambios.
Esta actividade, que se desenvolve ao longo de moitos meses, é un traballo en equipo no que moitos nenos e nenas do centro se implican. Mentres compartimos momentos cos pinceis falamos de moitas cousas e tamén así se crean lazos e se plantexan cuestións que invitan a reflexionar. É un traballo colectivo pero, ao mesmo tempo, cada participante pode facer unha viaxe propia a través das liñas, as cores, o movemento das mans e as percepcións a través da mirada.
"Non tomamos posicións políticas e non cremos que sexa fácil abordar o tema nun momento tan delicado", declaran a Euronews Culture, o dúo Lediesis. "O único que podemos facer é levar unha mensaxe de esperanza na oscuridade da noite".
E o que nós facemos cada ano é encher as paredes do patio de liñas e cores que transmiten mensaxes de paz.
Teatro de papel "Kamishibai"
admin — Mar, 23/04/2024 - 11:45
Sesión de Teatro Kamishibai para a cativada de Educación Infantil
Teatro de Sombras
admin — Lun, 22/04/2024 - 13:58
Teatro de sombras por parte do alumnado de 2º da ESO do CPI Pontecesures.
Entroido 2024
admin — Lun, 12/02/2024 - 11:36
As crianzas do CEIP Rosalía De Castro festexaron, o pasado venres 9 de febreiro, o Entroido cunha pequena comparsa no patio cuberto. Neste desfile amosaron os seus disfraces sobre a obra de “Julio Verne” (o noso proxecto para este curso 2023/2024).
Día Internacional da Paz e a Non Violencia
admin — Lun, 29/01/2024 - 17:33
A cativada do colexio celebrou este martes, 30 de xaneiro, o Día Internacional da Paz e a Non Violencia. Para iso, levaron a cabo a elaboración de distintos carteis con lemas e debuxos co fin de expoñelos na cristaleira do comedor escolar. Desde o CEIP Rosalía de Castro, mediante estas accións, pretendemos fomentar a tolerancia, o entendemento e o respecto mutuo entre persoas de distinta procedencia e modos de pensamento, acollendo as nosas diferenzas como base elemental do noso propio enriquecemento cultural.
Celebración Nadal
admin — Xov, 21/12/2023 - 17:29
Este xoves, 21 de decembro, as crianzas do colexio puideron desfrutar cos xogos e funcións promagadas polo Equipo de Actividades Complementarias (visita dos Reis Magos, xogos populares, sesión de contacontos e degustación das uvas de aninovo).
Premios Concurso Samaín "Arte Terrorífico" 2023
admin — Mar, 31/10/2023 - 20:30
As galardoadas e galardoados no Concurso de Arte Terrorífico Samaín 2023 foron:
Carla Carreira Martí (Educación Infantil)
Paula Barreiro Iglesias (1º ciclo Educación Primaria)
Tania Romero García (2º ciclo Educación Primaria)
Daniel García Fabeiro (3º ciclo Educación Primaria)
Parabéns!!!
Grazas a todos e todas as que participastes nesta edición!
Samaín e Magosto 2023
admin — Mar, 31/10/2023 - 20:19
Entroido 2023
admin — Lun, 20/02/2023 - 16:48
Todo o alumnado do colexio festexou o Entroido o pasado venres 17 cunha comparsa polas rúas de Padrón. Nesta ocasión, as temáticas dos disfraces versaron sobre o “Proxecto Egeria” en Educación Infantil e o “Proxecto Axenda 2030” en Educación Primaria.
Calendario
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |