Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
Libros de texto e materiais escolares., Admisión e matricula
FONDO SOLIDARIO. AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2022/2023
loli — Mér, 25/05/2022 - 08:12
Normativa: Orde do 29 de maio de 2022 (DOG 18/05/2022)
Destinatarios: alumnado que no curso 2022/2023 estude en Educación Primaria ou ESO
Prazo de presentación de solicitudes: 19 de maio ao 22 de xuño (ambos incluídos)
Lugar de presentación: Na secretaría do centro ou por vía electrónica empregando os formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galica (https://sede.xunta.gal)
Achégase a seguinte documentación:
- Orde que regula a convocatoria
- Extrato da orde que regula a convocatoria
- Solicitude (anexo I e II)
- Enlace á sede electrónica
- Enlace á Consellería de Educación
- Prazos: listaxe provisional, listaxe definitiva, entrega de vales (ver documento adxunto)
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO ADMITIDO E EXCLUÍDO. ADMISIÓN DE ALUMNADO 2022/2023
loli — Ven, 22/04/2022 - 12:34
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO ADMITIDO E EXCLUÍDO. ADMISIÓN DE ALUMNADO 2022/2023
As listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído estarán exposta no taboleiro interior do centro dende o día 22 de abril ás 14:00 h.
Tamén poderán acceder ás listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre.
PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS
22 DE ABRIL ÁS 14:00 H.
PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS
13 DE MAIO ÁS 14:00 H.
MATRÍCULA DO ALUMNADO ADMITIDO
20 AO 30 DE XUÑO
Reserva de praza/solicitude de admisión para o curso 2022 - 2023
loli — Lun, 10/01/2022 - 21:04
ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. RESERVA DE PRAZA/SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2022/23
As familias que queiran que @ seu/súa fill@ estude 1º de Educación Secundaria Obrigatoria no IES Lucus Augusti, centro de adscrición do CEIP Rosalía de Castro, terán que entregar a solicitude de reserva de praza do día 11 de xaneiro ao 8 de febreiro na secretaría do noso centro (Anexo I). Tamén poden presentar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia ou a través da aplicación admisionalumnado (https//www.edu.xunta.es/admsionalumnado).
As familias que queiran que @ seu/súa fill@ estude 1º de Educación Secundaria Obrigatoria noutro centro distinto ao IES Lucus Augusti terán que entregar a solicitude de admisión de praza do día 1 ao 21 de marzo (Anexo II). A solicitude de admisión a presentarán a través da aplicación admisionalumnado (https//www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Tamén poderán presentar a solicitude de forma presencial no centro que elixiron como primeira opción ou na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Anexos
Anexo I- Reserva de praza no IES Lucus Augusti (11 de xaneiro ao 8 de febreiro)
Anexo II- Solicitude de admisión en centro distinto ao Lucus Augusti (1 ao 21 de marzo)
Aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/)
Enlace á información do procedemento de admisión da Consellería de Educación, Universidade e F.P
Mapas de escolarización da zona de Lugo
Libros de texto para o curso 2021 - 2022
loli — Lun, 05/07/2021 - 12:33
Aquí poden consultar o listado de libros de texto aprobados para o curso 2021 - 2022.
Como poden comprobar en algúns cursos elimináronse libros e, outros, son cedidos pola propia editorial (Inglés de 4º). Polo tanto, deben mercar só aqueles que aparezan na listaxe.
En 2º de Educación Primaria hai un erro nos libros de lingua inglesa. Non son os que aparecen no listado; deberían ser All About Us 2 Class Book Pack e All About Us Activity Book.
Tamén poden acceder aos materiais escolares para Educación Infantil.
ADMISIÓN DO NOVO ALUMNADO. CURSO 2021 - 2022
loli — Ven, 05/02/2021 - 13:38
PRAZO PARA FACER A SOLICITUDE DE ADMISIÓN NO CEIP ROSALÍA DE CASTRO: 1 AO 22 DE MARZO
-
INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN (normativa, postos escolares ofertados, prazo de presentación de solicitudes, documentación necesaria para acreditar os requisitos alegados na solicitude, criterios de baremación, criterio complementario do centro ...)
-
APLICACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO (https://www.edu.xunta.es/admsionalumnado)
-
ENLACE Á INFORMACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN NA WEB DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
Listaxes libros de texto para o vindeiro curso 2020-2021
loli — Mér, 24/06/2020 - 18:04
Nos arquivos adxuntos poden ver a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2020 - 2021.
LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2019/20
loli — Xov, 01/08/2019 - 11:21
Para ver a lista dos libros de texto e os materiais do curso 2019/2020 pode consultar os Anexos correspondentes.
Lista definitiva de alumnado admitido e non admitido para o curso 2019/20
loli — Mar, 14/05/2019 - 13:14
Nos adxuntos pódese comprobar a lista definitiva de alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso 2019 - 2020.
Contra as listas definitivas, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación (art. 32.1 da Orde 12 de marzo de 2013).
ADMISIÓN ALUMNADO 2019/2020
loli — Lun, 25/03/2019 - 13:27
Debido á superación de solicitudes de admisión para alumnado de 4º de E. Infantil respecto ao número vacantes ofertadas, será imprescible aportar a documentación acreditativa dos criterios alegados dende o 25 de marzo ata o 4 de abril.
ADMISIÓN ALUMNADO 2019/2020
loli — Mar, 26/02/2019 - 18:13
Do 1 ao 20 de marzo (ambos inclusive) presentación de solicitudes para a admisión de alumnado para o curso 2019/2020.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II (modelo ED550B) no centro solicitado no primeiro lugar de preferencia: 1-20 de marzo, facilitado na Secretaria do centro ou na aplicación admisión de alumnado http://www.edu.xunta.es/admisiónalumnado
-
Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a.
-
Fotocopia do libro de familia e orixinal para cotexo.
-
Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, de darse o caso.
- Anexos:
- Calendario do proceso de escolarización.
- Información pública sobre o proceso de admisión,
- Mapas sobre a situación do centro e as zonas de influencia.
- Información sobre o centro educativo.