Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
Alumnado de 6º de primaria. Reserva de praza/Solicitude de admisión para o curso 2023 - 2024
loli — Mar, 23/01/2024 - 17:51
As familias que queiran que @ seu/súa fill@ estude 1º de Educación Secundaria Obrigatoria no IES Lucus Augusti, centro de adscrición do CEIP Rosalía de Castro, terán que entregar a solicitude de reserva de praza do día 15 de xaneiro ao 5 de febreiro na secretaría do noso centro (Anexo I). Tamén poden presentar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia ou a través da aplicación admisionalumnado (https//www.edu.xunta.es/admsionalumnado).
O día 22 de febreiro o centro de adscrición e o centro de orixe, anunciarán se hai prazas suficientes para as solicitudes de reserva presentadas.
Se hai praza para todas as reservas, a solicitude é vinculante, polo que terán que matricularse nese centro no prazo ordinario, do 1 ao 20 de marzo.
De non querer a praza concedida, poden renunciar á mesma antes do día 1 de marzo e solicitar outro centro durante o período ordinario de admisión.
No caso de non haber praza para todos os solicitantes de reserva, deberán participar no proceso de admsión, tendo preferencia para o centro de admisión os que participaran na reserva.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
21691961.pdf | 1.23 MB |