Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
ADMISIÓN NOVO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA
loli — Lun, 06/02/2023 - 13:45
-
Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II ED550B no centro solicitado no primeiro Iugar de preferencia. Do 1 ao 20 de marzo ( Só poden presentar unha solicitude de admisión)
-
Obligatoriedade de que a solicitude veña asinada polos dous proxenitores ( agás casos de violencia de xénero ou perda da patria potestade).
-
Documento que acredite a idade do alumno/a : DNI ou Libro de Familia (copia e orixinal para o cotexo).
-
Convenio regulador ou a resolución xudicial e divorcio ou separación (nos casos de separación ou divorcio)
-
Copia do DNI do pai e da nai d@ alumn@ (no caso de non autorizar a consulta dos datos de identidade á Consellería de Educación )
-
Renuncía a solicitude de admisión: Ata o 20 de marzo
-
Presentación da documentación en caso de baremo: 10 días hábiles contados a partir do día seguinte que finaliza o prazo para presentar as solicitudes de admisión.
-
Publicación das listaxes de admitidos e non admitidos: 25 de abril
-
Reclamación ás listaxes provisionais: 5 días hábiles a partir do día seguinte da publicación das listaxes provisionais.
-
Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos: 15 de maio
-
Reclamación á listaxe definitiva: 1 mes para interpoñer recurso de alzada ante a Xefatura Territorial a contar dende o día seguinte a súa publicación.
-
MATRÍCULA para novos alumn@s de educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño (poderán recoller a documentación necesaria na Secretaria do centro ou a través desta páxina web)
- DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ORDE do 21 de outubro de 2022.pdf | 1.6 MB |
DECRETO 13 2022 do 3 de febreiro polo que se regula a admisión de alumnado.pdf | 545.72 KB |