Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
INSTRUCCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN
loli — Ven, 14/01/2022 - 16:56
INSTRUCCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN
Fase de reserva de prazas en centros de adscrición
De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 11 de xaneiro de 2022 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
- O prazo de presentación é dende o 11 de xaneiro ata o 8 de febrero.
- As dúbidas das familias serán resoltas polo centro
- As familias poden cubrir e presentar as solicitudes de reserva de xeito manual ou a través da dirección https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ no menú: Solicitudes>Reserva>Crear
- A solicitude é o formulario ED550A
- A solicitude presentarase no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará a Chave 365 ou o certificado dixital, sendo aconsesexable a presentación telemática.
- A solicitude será asinada polos pais ou representantes legais dos alumnos/as.
- Presentarase xunto a solicitude orixinal e copia do libro de familia ou DNI de todos os membros da unidade familiar, e documento acreditativo de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo.
A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.
Normativa de aplicación
- ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 (código de procedemento ED550A e ED550B).
- ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.
- ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.