Skip to Content

Escolares

FESTAS DE NADAL NO ROSALÍA

Dende o Ceip Rosalía de Castro queremos agradecerlles a participación na Exposición de adornos de Nadal. No vídeo móstrase o ambiente navideño creado no colexio.

Asimesmo, convidámoslles ao Acto de Nadal composto por Panxoliñas, poesía, teatro..co obxecto de fomentar a convivencia na comunidade educativa. Este acto terá lugar o martes 22 ás 11h no ximnasio do colexio.

O programa é o seguinte:

"Piñeiriño de Nadal" - Educación Infantil

"Cantade Mociños" - 1ºA e 1ºB

"Mi burrito sabanero" - 2ºA e 2ºB

"Jingle bell" - 3ºA e 3ºB

"El viaje de los Reyes Magos" - Daramatización dos alumnos/as de 5ºB

"Jingle Bell Rock" - 4ºA e 4ºB

"Petit Papa Noël" - 5ºA e 5ºB

"Mon beau Sapin" - 6ºA e 6ºB

Ao remate do festival daranse as cualificacións trimestrais e os/as alumnos/as poderán marcharse a casa (en torno ás 13h).

Todo o profesorado permanecerá no centro ata as 14h para falar cos pais/nais.

Para rematar, informamos que as clases rematan o día 22 de decembro e restablécense o luns día 11 de xaneiro.

Achegámoslles os nosos mellores desexos nestas datas navideñas.

SEMANA DO MAGOSTO

A chegada do Outono é palpable, e con el sempre ven da man unha das festas máis tradicionais de Galicia, o magosto. Durante toda a semana do 9 ao 13 de novembro o colexio estará ambientado para celebralo. A culminación será o venres 13, cando disfrutaremos das castañas e de actividades paralelas a esta festa.

 preme para ver un pequeno vídeo

EXPOSICIÓN DE SAMAÍN

Pequeno vídeo que mostra a ambientación do cole para celebrar O Samaín 

   

 

EXPOSICIÓNS DE SAMAÍN

    Coa chegada da FESTA DO SAMAÍN vaise organizar no Colexio unha EXPOSICIÓN SOBRE OS DIFERENTES MOTIVOS DO SAMAÍN (Bruxas, castelos, arañas, cabazas...) os días 26 ó 30 de Outubro.

    Se queres participar só tes que facer un destes obxectos e traelo antes do día 23 (agás as cabazas que poden entregarse nesa semana) para que todos quedemos abraiados ao ver o que poideches lograr coa túa imaxinación.

    O venres, 30 de outubro celebraremos o día do Samaín e se queres podes vir vestido/a de bruxa/o. (Unha bolsa de lixo negra cuns pegotes de cores e un cucurucho de cartolina e... xa está!)

¡Esperamos a túa participación!

O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E DE EXTRAESCOLARES

Distribuir contido


by Dr. Radut