CEIP Rosalía de Castro - O Grove
Queremos invitar a toda a Comunidade Educativa (alemnos, familias e mestres) a participar no "II Concurso de acrósticos de amor". Que é un acróstico? Pois...
A PLÍCASE ÁS
C OMPOSICIÓNS POÉTICAS
R IMADAS,
O U DE VERSOS
S OLTOS, E DE CALQUERA
T AMAÑO, NAS QUE AS LETRAS
I NICIAIS, MEDIAS OU FINAIS DOS VERSOS
C OMPOÑEN UNHA PALABRA
O U FRASE.
Haberá tres (3) categorías: Alumnos de 2º Ciclo, alumnos de 3º Ciclo e adultos (familias e mestres). O concurso comezará o 2 de febreiro. Os que desexen colaborar nesta iniciativa e participar, terán que recoller a folla de participación no corredor da planta baixa do Centro Escolar, fronte á Biblioteca, onde tamén se atopan as bases do concurso, e entregalo na Biblioteca. Se queren unha folla de participación personalizada poden pedirlla ao Dinamizador da Biblioteca (mestre Kico). O prazo de participación remata o 27 de febreiro. Esperamos e desexamos a súa/vosa colaboración e participación.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ACRÓSTICOS FEBREIRO.doc | 556.5 KB |
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |