Skip to Content

Articles

BENVIDA

benvidos ó curso 2014-2015

Visita de Paula Carballeira

Esta semana visitounos a autora do libro "Casas"que limos ao longo do curso.

Paula Carballeira estivo un bo rato connosco, contándonnos varias experiencias e respondendo a todas as nosas preguntas. Tamén pasamos un ratiño de tensión  cunha das súas historias de medo...vaia berro pegamos!!!

Tamén firmounos os libros con dedicatoria incluida :)

Dende aquí dámoslle as grazas por estar no noso colexio!

 


Saída a Cambados

O vindeiro martes 8 de abril pola tarde os nenos e nenas de 2º ciclo faremos unha visita ao teatro Caracol de Cambados.

 

Pasaremos un rato moi divertido así que apuntádevos que contamos convosco!!!

 

 

"Día Internacional contra a Violencia de Xénero."

En 4ºA conmemoramos este día amosando o cariño que temos entre nós e dándolle valor á importancia do respeto e a tolerancia entre as persoas.

 

Con pequenos xestos, podemos facer grandes cousas!!

 




by Dr. Radut