Recursos - Funcións executivas
Ola, ola!!
Hoxe gustaríame falar dun tema ao que quizais moitos/as de vós xa vos vaia soando un pouquiño…
As famosas FUNCIÓNS EXECUTIVAS.
Pero…Que veñen a ser?
Enténdese por funcións executivas ao conxunto de capacidades cognitivas necesarias para controlar e autorregular a nosa propia conduta.
É dicir, o que nos permite “pensar antes de actuar".
E que tanta falta nos fai!!
Os nenos e nenas non nacen con estas funcións,
pero si que nacen co potencial para desenvolvelas
a partir da súa interacción coas persoas adultas
así como a estimulación nun ambiente favorable.
Son moitas as dinámicas e actividades que se poden levar a cabo para desenvolver estas funcións.
Por iso, hoxe vos queremos propoñer algunhas delas.
Esperamos que vos gusten!
**Non fai falta facelas todas de seguido pero si que estaría ben ir
practicando algunha delas durante un ratiño
que esteamos tranquilos/as na casa.
Anímaste??
Dende a páxina “Cargando_PT” propóñennos unha serie de fichas para traballar a atención a través de encrucillados, sopas de letras, discriminación de debuxos…
Para facelas, tendes dúas opcións:
1.Imprimilas e metelas dentro dunha funda de plástico como as que empregamos nun arquivador de aneis.
(TRUCO: Se as escribes cun rotulador de pizarra, despois poderás borrar as respostas con axuda dunha toalliña húmida e repetilas as veces que queiras!
2. Facelas a través do ordenador.
Podedes descargalas no seguinte enlace:
Por outra banda, Jesús Jarque na súa páxina web “Familia y cole”,
recoméndanos traballar as funcións executivas cos máis pequenos a través de distintos xogos interactivos que poderedes atopar premendo sobre a seguinte imaxe.
E por último, facémonos eco do xogo que publica a web “Aulapt.org”
porque nos parece moi, moi interesante para traballar todos estes aspectos.
Ao igual que antes, podedes descargalo directamente do enlace que vos poñemos ao final da páxina así como tamén, o podedes reproducir nun folio, cartolina ou tela que teñades por casa…
Recoméndovos esta segunda opción, estou segura de que será moito máis divertido e que vos quedará xenial!
Apertas mil!
#Euquedonacasa
#Todovaisairben
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Packdefichasparatrabajarlasfuncionesejecutivas.pdf | 1.23 MB |
juego-de-puntos-FE.pdf | 154.25 KB |