Recursos para a ATENCIÓN
Ola de novo!
Hoxe queríavos deixar por aquí unha serie de recursos web para traballar a atención pero...
Antes de poñernos ao tema, gustaríame deixarvos unha serie de orientacións para traballar esta capacidade:
- Brevidade: As tarefas non deberán durar máis de 15 minutos.
- Motivación: Deberán ter un carácter lúdico e motivador puidendo estar ligado aos intereses dos cativos.
- Claridade: Deberán ser sinxelas e directas. Que se entenda ben o que teñen que facer a cada momento.
- Ambiente estructurado: Deberá buscarse un lugar que favoreza a concentración, sen ruidos ou distractores...
- Clima de confianza: Deberemos premialo e fortalecer a súa autoestima. Non hai que correxir ao error pero podemos axudar a que os atope
Si queredes máis información acerca deste tema, clickade no seguinte enlace:
https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2008/11/orientacion-andujar-pautas-y-actividades-para-trabajar-la-atencion.pdf
Velaquí vos quedan!
·
Neste enlace, poderedes atopar actividades para traballar a atención, a memoria e a lóxica a través de distintos xogos para nenos e nenas de entre os 6 ata os 12 anos.
https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-mentales-inteligencia
·
Nesta web atoparemos recursos para os máis pequenos centrados sobre todo na lóxica
e nas habilidades do pensamento: xogos de labirintos, xogos de series…
Ademáis…para as familias máis curiosas….investigade todos os recursos de matemáticas, lectura…
que esta páxina web vos pode ofrecer.
Unha morea de ideas de actividades e información que pode ser do voso interese.
Xogos para o cerebro: Completísima web con multitude de xogos para non
deixar de exercitar o cerebro. Apto para tódalas idades.ht
tps://www.gamesforthebrain.com/
·
Quebracabezas infintos. Nesta web poderás atopar quebracabezas dende 18 pezas ata máis de 100!
Ademais, poderás crear o teu propio quebracabezas coa imaxe que máis che guste.
·
Cálculo mental: Necesitas espertar o teu cerebro?
Practica con este divertido xogo de cálculo mental onde poderás escoller
entre sumas, restas, multiplicación ou divisións.
http://ares.cnice.mec.es/matematicasep/colegio/maquina.html
·
Esta mestra de audición e linguaxe recopila no seu blog moi diversos recursos
para traballar a expresión oral, a atención, a memoria auditiva…
a través da elaboración de vídeos moi ben traballados.
Unha experta onde as haiga nestes temas!
Seguro que se navegades un pouquiño por eses lares…
atoparedes múltiples recursos aproveitables para estes días!
https://www.maestrosdeaudicionylenguaje.com/tag/atencion-y-memoria/
Apertas mil!
#Euquedonacasa
#Todoiráben