Iniciar sesión: Acceso

cp innova cp inclúe e-dixgal Educación responsable EDLG Voz natura Plan dixital

Coñece o noso cole

 

 


 

Eleccións Consello Escolar

Información do inicio do proceso para a Elección do Consello Escolar: curso 2024-25

 

Segundo a RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos  (DOG 18/09/2024), procederase no próximo mes de novembro á renovación parcial do Consello Escolar (DECRETO 92/1988, do 28 de abril).

Segundo o artigo 2º da citada Resolución a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar celebrarase entre o 18 e 22 de novembro de 2024, ambos os dous incluídos.

Xunta Electoral regulada no artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril e segundo a nova redacción dada polo Decreto 324/1996 do 26 de xullo, constituirase, segundo a Resolución do 10 de setembro de 2024, entre os días 22 e 28 de outubro.

Segundo o referido artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril e da nova redacción dada polo Decreto 324/1996 do 26 de xullo, procederase á elección dos membros da Xunta Electoral por sorteo público o 22 de outubro ás 09:15 horas na biblioteca do centro.

Unha vez constituída a Xunta Electoral segundo o artigo 31 do Decreto 92/1998 do 28 de abril e a nova redacción dada polo Decreto 324/1996 do 26 de xullo, procederá a aprobar e publicar os censos electorais, concretará o calendario electoral, ordenará o proceso, admitirá e proclamará as candidaturas, promoverá a constitución das distintas mesas electorais, resolverá as reclamacións e proclamará aos candidatos electos. 

 

ESCOLA DE NAIS/PAIS

Neste apartado poderedes ver as actividades de formación ofertadas dentro da nosa Escola de Nais e Pais.

Ao longo do curso virán diferentes relatores a falar sobre temas moi actuais e interesantes.

Aquí deixaremosvos os diferentes cursos ,en 5 adxuntos pdf, que se levarán a cabo en horario de tarde na biblioteca escolar.

 

Animámoste a vir e probar, non te vas arrepentir!!

 

Libros de texto 2024-25

LISTAXE DE LIBROS 2024-25

(Cómpre aínda non mercar ningún ata setembro)

Listaxe de libros de 1º e 2º ACTUALIZADA en documentos adxuntos*

Suprimíronse dous libros dos que estaban publicados en xuño: Lingua Castelá e Naturais.

Distribuir contido

Back to top