blogue deadmin

A CRUZ VERMELLA E O 8M

O 10 de marzo realizamos unhas actividades coa Cruz Vermella para conmemorar o 8M.Guay

Clicade na foto para ver o vídeo!

Todos_0.jpeg

Excursión ao Parlamento de Galicia 2023

O 9 de marzo fixemos unha viaxe a Santiago de Compostela para visitar o Parlamento de Galicia. Pasámolo xenial!

Clicade na foto para ver o vídeo.Risa

Catedral.jpeg

Lectura de Péugo 2023

O 8 de marzo Ángela de 4º de Primaria deleitounos coa lectura de Péugo! Aquí tedes a foto!

Guay

WhatsApp Image 2023-03-09 at 09.38.17.jpeg

8M en Vilardevós

O día da muller festexámolo no cole de varias formas: lendo un conto, escoitando como cada alumno falaba da muller da súa vida, e tamén cunha canción que di que as mulleres poden ser quen queiran.

Se clicades na foto, podedes velo!!!

Cantamos os números en inglés?

Os de infantil vimos, na clase de música, que os números en inglés poden aprenderse dun xeito moi divertido, e sendo nós mesmos os protagonistas dun vídeo musical.

Queredes velo? Clicade na imaxe!!!

A BIBLIO MÓBIL CHEGA A VILARDEVÓS 2023

O 7 de marzo a Biblio Móbil visitou o noso colexio. Puidemos entrar dentro!

Clicade na foto para ver o vídeo!

DESFILE DE ENTROIDO 2023

Este ano decidimos disfrazarnos de velliñas e velliños para homenaxear aos nosos maiores!

Sorriso

WhatsApp Image 2023-02-16 at 14.37.37_3.jpeg

 

CARREIRA EN TINTORES

O 2 de febreiro os nenos e as nenas de 2º ata 6º participaron na carreira de Tintores.

O outro día todo o cole celebrou a súa participación cun trofeo.

Ben feito!Risa

 

DÍA DA PAZ NO COLE

O luns 30 de xaneiro celebramos a Paz no cole con diversas actividades: primeiro aprendimos como se poden facer instrumentos musicais con material de refugallo. A continuación colaboramos entre todos colgando as nosas palabras de paz, porque queremos que o mundo sexa mellor, e xa por último fixemos un baile todos xuntos, no que di que hai que brindar amor e perdoar. Foi un día moi completo!

Clicade na imaxe para ver todo o que fixemos ese día!

FRAUTA MÁXICA. MOZART. 5º-6º.

Nas clases de música estivemos coñecendo un pouco da vida de Mozart, e escoitamos un cachiño dunha obra súa moi importante, “A frauta máxica”, así que decidimos coller os tubos melódicos (boomhackers) e os metalófonos para acompañar esa canción. Esperamos que vos gusten as nosas interpretacións.

Clicade na imaxe para ver o vídeo!

 

Redes Sociais

Programas

 

Actividades biblioteca


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013