blogue deadmin

A NOSA AUXILIAR DE CONVERSA (2022/2023)

O 2 de xuño despedímonos de Felize, a nosa auxiliar de conversa.  Durante este curso aprendimos moito sobre Filipinas e practicamos inglés. Ademais, ensinounos a debuxar moitos animais e a facer manualidades.

Foi unha experiencia xenial!

Clicade na foto para ver o vídeo.

Expresando emocións

Na aula de infantil fixemos un xogo de emocións cun dado. Tiñamos que imitar a cara que saía. Inda o pasamos ben!!!

Pinchade na fotiño, e veredes o vídeo!!

Experimentos no cole

Estivemos comprobando que pode pasar cunha palliña e unha pataca, e tamén o que lles sucede ás bolsas de infusións cando se fan amigas dos chisqueiros...

Pinchade nas fotiños

 

 

Día das Letras Galegas 2023

Este ano decidimos celebrar o Día das Letras Galegas de forma musical. Viva o baile galego!Risa

Xa sabedes. Hai que clicar na foto para ver o vídeo.

Actividade intelixencia emocional da Cruz Vermella. Maio 2023

O venres 5 de maio fixemos un taller coa Cruz Vermella para aprender sobre a intelixencia emocional.

Clicade na imaxe para ver o vídeoGuay

Excursión a Xinzo de Limia

O 4 de maio fomos a Xinzo de Limia. Visitamos o museo do entroido, vimos a película de Mario Bros e estivemos nun parque con tirolina.Guay

Clicade na foto para ver o vídeo.

 

RECICLAXE 2023

O 25 de abril recordamos como reciclar adecuadamente. Foi moi útil!

Clicade na foto para ver o vídeo.Risa

Día do libro

O 23 de abril conmemorouse o día do libro, así que este luns quixemos festexalo, falando do noso libro preferido.

Clicade na imaxe para ver o vídeo.

 

 

OBRADOIRO DE NUTRICIONISMO 2023

O venres 14 de abril fixemos un obradoiro de nutricionismo. Foi moi interesante!Guay

Clicade na foto para ver o vídeo.

A CRUZ VERMELLA E O 8M

O 10 de marzo realizamos unhas actividades coa Cruz Vermella para conmemorar o 8M.Guay

Clicade na foto para ver o vídeo!

Todos_0.jpeg

Redes Sociais

Programas

 

Actividades biblioteca


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013