blogue deadmin

Magosto

Fantástico Magosto o vivido hoxe no cole de Vilardevós no que toda a comunidade educativa desfrutou de bolos preñados, doces variados, castañas asadas e xogos populares. Agradecemento especial ao noso cociñeiro Toño polos doces tan ricos que nos preparou!

Preme na imaxe para ver o vídeo.

 

"A Fraga de Pasacorrendo"de Carmen Penim

Onte tivemos a visita da gran Carmen Penim co contacontos musicado "A Fraga de Pasacorrendo". Fantástica xornada na que o alumnado de infantil e 1º, 2º e 3º de primaria desfrutou escoitando os contos e cantando as cancións do libro. Moitísimas grazas pola túa visita, Carmen!

Preme na imaxe para ver o vídeo.

Festa do Magosto

Este venres 10 de novembro celebraremos o Magosto no cole. Este ano fixemos unha invitación especial, xa que todas as familias que poidan e o desexen, desfrutarán connosco dunha xornada chea de xogos populares e castañas asadas. Pasarémolo xenial!

Nova visita da Furgoteca con Carmen Penim

O martes 7 de novembro contamos novamente coa marabillosa visita da Furgoteca e, esta vez, vén acompañada da incrible Carmen Penim que nos fascinará co seu contacontos musicado "A Fraga de Pasacorrendo". Estamos desexando vela para desfrutar da súa interpretación!!!

Samaín/Halloween 2023

Neste Samaín/Halloween ademais de facer un concurso de cabazas, fixemos galletas, comida tenebrosa e pasámolo de medo!!

Clicade na foto para ver o vídeo.

Gañadores do concurso de cabazas

Os gañadores do concurso de cabazas deste curso 2023-2024 foron: DYLAN, LÍA e OMAR. Parabéns a todos eles polo seu deseño e orixinalidade e moitísimas grazas aos demais pola súa participación. Tivemos unhas cabazas chulísimaaaaaassss!!!!  

24 de outubro: día das bibliotecas 2023/2024

O 24 de outubro celebramos o día das bibliotecas coas seguintes actividades: a visita da furgoteca e dun bombeiro, o conto da pantasma dos ollos azuis de José Manuel e o apadriñamento lector. Pasámolo en grande!Sorriso

Clicade na foto para ver o vídeo.

Festa de Samaín e Halloween

O martes 31 de outubro celebraremos o Samaín e o Halloween no cole.Teremos, entre outras actividades, un concurso de cabazas e un taller de galletas aterradoras. Viremos todas e todos preparados cos nosos mellores disfraces terroríficos para pasar un día... DE MEDO!

Festa fin de curso

O curso chegou ao seu fin, e quixemos despedilo por todo o alto, con xogos populares, actividades de puntería moi difíciles, e un gran inchable no que queríamos estar toda a mañá. Aquí tedes o vídeo do ben que o pasamos, pinchando na foto. 

 

Excursión fin de curso

O venres 16 de xuño alá marchamos a Os tres reinos, a pasalo xenial coa tirolina, o rocódromo, e facendo un circuito cheo de obstáculos. Foi un día estupendo, e disfrutamos moito. 

Pinchade na fotiño para ver o vídeo.

 

Redes Sociais

Programas

 

Actividades biblioteca


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013