blogue deadmin

Polos Creativos: formación en impresión 3D e robótica

Xornada de formación de Polos Creativos no CFR de Ourense. Aprendemos nocións básicas de deseño e impresión 3D e tamén de robótica co MBot2 para poder aplicar na aula co noso alumnado.

Polos Creativos - Automatismo "Pescando de pedra en pedra"

Dentro das actividades propostas nos Polos Creativos a través dos kits singulares, tivemos unha primeira toma de contacto ao longo do segundo trimestre co alumnado de 5º e 6º de primaria. Elaboraron un automatismo a través da construción dun merlo con cartón ao que lle deron movemento grazas a unha pinza de madeira e un par de clips.

Para ser a primeira vez con estes retos, hai que dicir que non se lles deu nada mal e o resultado foi espectacular!!!!

Charla de Ciberseguridade

No día de hoxe, o alumnado de 5° e 6° de primaria tivo unha charla sobre ciberseguridade da man de Roberto do Equipo Arroba da Garda Civil, encargado das investigacións en ciberdelitos.
Falou das páxinas máis visitadas en internet, das cales a maioría eran coñecidas polo alumnado como Google, YouTube, Facebook, Twitter, Instagram, Wikipedia, Amazon, entre outras.
Foi quen de demostrarnos como, a través do teléfono móbil, nos poden chegar a escoitar e a ver mediante a cámara. Estamos totalmente monitorizados e non somos conscientes diso.
Por ese motivo, é fundamental aprender a utilizar as redes para evitar que nos enganen, utilicen, extorsionen... Sentímonos confiados pero non sabemos quen está ao outro lado. Pero... que pode pasar cando confías en alguén e te equivocas? Podes namorarte e enviar unha foto ou un vídeo que, co tempo, poden utilizar para chantaxearte ou ameazarte.
Porque todo o que colgamos en internet, endexamais se borra de aí.
Como dixo Roberto "temos que aprender a vivir nun mundo que non esquece".
Esperamos que esta charla servira de reflexión para o noso alumnado e que aprendan a andar con moito coidado polas redes.

Obra de teatro en inglés "You can do it!"

Dentro da nosa programación anual de actividades como centro plurilingüe e con seccións bilingües, tivemos a sorte de contar coa presenza de Fiona e Steve da compañía "Moving On" que nos representaron a obra de teatro "You can do it!".
Bob, a mestra que dirixe a obra de fin de curso do seu cole está moi nerviosa despois de que a directora a ameazara con despedila se a obra non saía ben. Harry é un profe novo e con pouca experiencia que axuda a Bob cos preparativos. Pero unha confusión na hora de comezo da obra mete a Bob e a Harry nun gran problema. Terán que usar a súa imaxinación para salvar a obra e os seus postos de traballo.
Foi un espectáculo cómico, musical e altamente participativo no que contaron coa colaboración de Mara, Álex, María, Taha e Hugo que se converteron en grandes artistas durante a función.

Grupo de 1º, 2º e 3º

O grupo de 1º, 2º e 3º estivo practicando cos xilófonos e metalófonos na sesión de música.

Día Internacional da Muller

Hoxe 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller cunha serie de actividades.

Primeiramente no cole, o alumnado coñeceu da man da nosa auxiliar de conversa Alex, a historia de Amelia Earheart, pioneira da aviación estadounidense, como un exemplo de superación e loita polos soños nun mundo no que unicamente eran recoñecidos os logros dos homes. 

Despois démoslle a volta ao conto, e nunca mellor dito, porque escoitaron da man da profe Yaiza o conto "A soldadiña de chumbo" a partir do cal elaboramos un fermoso mural co lema "Todo o mundo pode ser de chumbo" onde tiveron que coser botóns para as letras, pintar, cortar tea e facer boliñas de papel de aluminio. 

Por último fixeron unhas pulseiras co lema "Eres libre, así que vuela".

 

Tamén acudimos á Residencia dos maiores para asistir a un acto conxunto no que Eva, a nosa alcaldesa, leu un manifesto polos dereitos das mulleres e a igualdade. Para rematar deleitamos a todas e todos os presentes cun flashmob da canción "Ay mamá" no que bailamos todas as persoas participantes do cole, Concello, Mulleres Rurais e CDR Portas Abertas. 

Aquí vos deixamos o vídeo do noso baile!

Formación en Patios Inclusivos

Recentemente todo o Claustro asistimos a unha formación en Patios Inclusivos dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado e seguindo a modalidade INCLÚE-T dos Contratos-Programa.

Consideramos de suma importancia traballar a inclusión para poder atender ás necesidades de todo o noso alumnado e, neste caso, centrámonos nos momentos de ocio e tempo libre. O xogo inclusivo é coeducativo, libre, mediado, accesible a todo o alumnado e respectuoso cos seus ritmos. 

Grazas a Yolanda puidemos aprender a maneira de reorganizar os nosos recreos, motivando ao alumnado con novos xogos nos que todos e todas poidan participar e desfrutar en igualdade de condicións.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da xornada de formación na que nos volvemos sentir como auténticas nenas e nenos!

A Furgoteca - Marzo

Aquí tedes o novo calendario da Furgoteca para o mes de marzo.

Admisión de novo alumnado 2024-2025

Do 1 ao 20 de marzo (ambos incluídos) estará aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo ou para todo aquel que solicita cambio de centro, sempre e cando haxa prazas dispoñibles.

As listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído publicaranse o 25 de abril e as listaxes definitivas, o 15 de maio. Estas listaxes serán publicadas unicamente no interior do centro educativo, seguindo a lei de protección de datos.

O prazo para formalizar a matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

A presentación das solicitudes pode facerse de xeito telemático ou de xeito presencial no centro educativo. 

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Solicitude de admisión ordinaria: Anexo II (galego) ou Anexo II (castelán)
  • Solicitude electrónica a través da aplicación informática admisionalumnado
  • Fotocopia do DNI do alumno e/ou do libro de familia.
  • En caso de divorcio, fotocopia da sentenza de separación.

 

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - 23 DE FEBREIRO DE 2024

O 23 de febreiro todo o alumnado de primaria realizou diversas actividades relacionadas con Rosalía de Castro.

Premede na imaxe para ver o vídeo!Guay

Redes Sociais

Programas

 

Actividades biblioteca


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013