blogue deadmin

Máis regaliños!!

Grazas á cartiña que escribiron o concello e as familias, o Apalpador, os Reis e Papa Noel tróuxéronnos máis regaliños cos que o imos pasar en grande!!

A importancia dos tres R

Hoxe tivemos a sorte de que unha traballadora do persoal de SOGAMA viñera ao cole a informarnos sobre os procesos de redución, reutilización e reciclaxe dos recursos, resolvendo todas as nosas dúbidas e ofrecendo ideas e consellos moi útiles.

Bo nadal

Bo nadal!! Se premedes na imaxe abrirémosvos as portas do noso cole para que vexades como celebramos a chegada das vacacións de nadal Guiño Grazas, coma sempre, ás colaboradoras e colaboradores que facedes posible este tipo de actividades.

GRAZAS GRAZAS!

Que orgullosxs estamos das nosas familias!!! Moitísimas grazas por agasallarnos con estes fantásticos buzóns. Guiño

Día dos dereitos humanos

Mirade! Conmemoramos este día elaborando entre todo o cole este mural mirade aquí a galería.

Día da discapacidade

Hoxe conmemoramos que tod@s somos capaces, diferentes, únic@s e especiais.

Informe sobre a fenda dixital

Desde o cole queremos agradecer ás familias e ao concello por participar connosco neste proxecto. Resultou moi edificante coñecer os distintos puntos vista para poder artellar solucións comúns.

25 N

Xa está dispoñible a pequena galería na que vos amosamos como celebramos este importante día.

Grazas!

Non podemos estar máis agradecidxs ao ANPA pola súa colaboración!! Grazas a ela gozamos dun magosto no cole estupendo cos boliños preñados e as castañas, como ten que ser Guiño Mirade a galería, váisevos facer a boca auga!!

Gañadores do concurso km0 alimentación saudable

Aínda que todo o alumnado fixo un traballo fantástico, estes foron os debuxiños máis destacados!! Parabéns pequechxs!! Guiño

Distribuir contido