Skip to Content

blogue deadmin

Enchamos de cor a mancomunidade

Un dos nosos pequechos levou un premio polo traballazo no concurso "Enchamos de cor a mancomunidade" buscando potenciar a igualdade entre homes e mulleres.

Come local!

Non sabemos se será certo eso de que xs nenxs veñen cun pan debaixo do brazo. O que temos claro, é que, seguindo a campaña come local, preparamos unha merenda ben xeitosa con queixo e pan! Queredes ver máis?

Xa chegou a primavera á Peroxa

A primavera chegou ao cole e os bichiños e flores xa fixeron acto de presencia!!! Mirade aquí.

Prazo de admisión aberto!

Novos libriños!

Grazas a Beatriz Varela, mestra e contacontos, temos un novo surtido de libros para infantil e primaria! Moitísimas grazas!

Xogando co atletismo!!

Do mesmo xeito que aconteceu coa carreira de campo a través, xs nosxs pequechxs pasárono xenial compartindo estas xornadas deportivas, ás que, sen dúbida, se o número de alumnxs e as categorías nolo permiten, continuaremos asistindo! Mirade as fotiños aquí.

Visita á exposición sobre a muller!

Moi interesante a visitiña que fixemos á exposición sobre a muller traballadora no rural organizada polo concello no polideportivo!

Vero Rilo veu a facernos unha visita!

Vero Rilo coa súa fantástica forma de contar contiños, deixou a súa pegada no centro e nxs nosxs pequechxs, facendo a celebración do 8M inesquecible para xs peques.

Semana da prensa

Esta semana, con motivo da semana da prensa estivemos analizando xornais de distinto tipo! Mirade.

8M Día internacional da muller

Onte celebramos no cole esta reivindicación tan importante e necesaria. Mirade aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut