Skip to Content

Escolares

A REGLA DAS TRES "R"

 

    O alumnado  da aula de Educación Infantil de 4 anos, está implicándose nun proxecto sobre coidado do medio ambiente e reciclaxe iniciado a proposta de Rosa Froján, mestra en prácticas.
    Durante varias semanas realizaron actividades para reducir a cantidade de lixo que producen na aula;  para reutilizar, con propostas como crear xoguetes a partir de material de refugallo e para reciclar, separando o lixo e elaborando eles mesmos papel reciclado.
    O proxecto estenderase ao longo do curso con iniciativas como a de poñer a funcionar o horto escolar, crear personaxes para o Samaín e diferentes xogos reutilizando envases, ….
Velaquí un video  no que o alumnado da aula nos invita a seguir a regla das tres R: REDUCIR, REUTILIZAR E  RECICLAR 

VOLTA AO COLE !!!

Pois xa chegou o momento da volta á rutina. Comeza o curso, e toca poñerse as pilas para traballar con gañas, ilusión e esforzo. O día 11 de setembro xa está aquí, á volta da esquina, así que hai que ir preparando o corpo para ir olvidándonos pouco a pouco das vacacións, do verán, de trasnoitar...Guiño


LEMBRAMOS: o mércores día

11 de setembro

empezan as clases, co horario normal (de 9'30 a 14'30), agás o alumnado de Infantil de 3 anos, que terán o seu período de adaptación. Ese mesmo día comezará tamén o servizo de transporte coas paradas e horarios habituais.

BRIGADAS VERDES

      Hoxe día 1 de febreiro, poñemos en marcha, por fin, o proxecto "BRIGADAS VERDES". Con este plan queremos contribuír ao mantemento do medio ambiente a través da limpeza no patio escolar. Cada día, durante os recreos, un grupo de alumnos e alumnas do centro, de diferentes cursos, velarán porque os patios estean libres de lixo, vixiando que os seus compañeiros e compañeiras non tiren nada ao chan. Se observan a alguén que o fai, acercaranse e, con educación e utilizando o contrasinal "Se a Terra limpa queres ver, a papeleira has de encher", pediranlle amablemente que o recolla e utilice os recipientes que temos para iso.

    Todos os días cambiarán os grupos, e todo o alumnado formará parte das "BRIGADAS VERDES", tendo para iso, un peto identificativo que vestirán, para ser recoñecidos inmediatamente.

Distribuir contido


by Dr. Radut