Skip to Content

BRIGADAS VERDES

      Hoxe día 1 de febreiro, poñemos en marcha, por fin, o proxecto "BRIGADAS VERDES". Con este plan queremos contribuír ao mantemento do medio ambiente a través da limpeza no patio escolar. Cada día, durante os recreos, un grupo de alumnos e alumnas do centro, de diferentes cursos, velarán porque os patios estean libres de lixo, vixiando que os seus compañeiros e compañeiras non tiren nada ao chan. Se observan a alguén que o fai, acercaranse e, con educación e utilizando o contrasinal "Se a Terra limpa queres ver, a papeleira has de encher", pediranlle amablemente que o recolla e utilice os recipientes que temos para iso.

    Todos os días cambiarán os grupos, e todo o alumnado formará parte das "BRIGADAS VERDES", tendo para iso, un peto identificativo que vestirán, para ser recoñecidos inmediatamente.



blog | by Dr. Radut