Novas
BECAS MEC
BECAS MEC PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO
O Ministerio de Educación abriu o prazo da convocatoria das bolsas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, curso 2022 - 2023
Os destinatarios son os alumnos/as con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastorno grave de conduta, así como os alumnos/as con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades.
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 19 de maio e remata o 30 de setembro de 2022.
Para máis información preme no enlace
No seguinte enlace tedes os pasos para a solicitude
Se tedes calquera dúbida tamén podedes chamar ao cole e desde o departamento de orientación vos axudarán no que necesitedes.
FONDO LIBROS 2022/2023
SOLICITUDES PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL, AXUDAS DE MATERIAL, FONDO LIBROS
Prazo de solicitude: Dende o 19/05/2022 ata o 22/06/2022
Alumnado destinatario:alumnado que curse Educación Primaria no curso académico 2022/2023
Engadese unha nota informativa como documento adxunto.
ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO CURSO 22/23
O prazo para presentar solicitudes de admisión para novo alumnado ábrese o día 1 de marzo e estenderase ata o 21 do mesmo mes.
As solicitudes poderán presentarse presencialmente no centro, en Sede Electrónica ou ben a través do seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Para calquera dúbida, pódese acudir ao centro educativo ou ben chamar ao 982 870 605.
Os impresos de solicitude pódense coller no colexio de 9:45h a 16:30h, tamén se poden descargar nos documentos adxuntos que se mostran a continuación.
APERTURA PRAZO DE ADMISIÓN PARA COLABORADORES VOLUNTARIOS DO COMEDOR ESCOLAR 2021/2022
ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO CEIP RICARDO GASSET, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2021-2022.
As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2021-2022, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión.
O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2021, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2021.
Lémbrase que é preciso o certificado de non delitos sexuais a hora de entregar a solicitude.
Durante o curso escolar 2021-2022 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.
Excepcionalmente mentres duren as medidas Covid amplíase a outros familiares dos alumnos comensais, a ex-colaboradores deste servizo, a persoal relacionado coa comunidade educativa (conserxes, persoal limpeza), así como a persoal que participe en programas devoluntariado social (Concellos, ONGs). Esta colaboración voluntaria a desenvolverán nos mesmos termos previstos na lexislación sectorial educativa ao respecto dos pais, nais, titores legais e acolledores familiares do alumnado. A ampliación manterase mentres dure a aplicación das medidas educativas e sanitarias para paliar os efectos da pandemia.
Incio, 2 de xullo de 2021
LIBROS DE TEXTO 21/22
No seguinte enlace ao PDF podedes ver a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2021/2022.
MATRÍCULA ALUMNADO NOVO
ü DOCUMENTOS QUE SE DEBEN APORTAR:
-Impresos de matrícula.
-Fotocopia de libro de familia.
-Fotocopia do DNI do alumno/a.
-Fotocopia dos DNIs dos proxenitores.
-Fotocopia da Tarxeta sanitaria.
-2 fotografías do alumno/a tamaño DNI.
-Certificado de empadroamento conxunto.
-Informe médico que faga constar que, dende o punto de vista sanitario, o/a alumno/a atópase en condicións de ser escolarizado nun centro ordinario. Tamén calquera outro dato médico que puidera ser relevante para súa escolarización.
ü PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA: do 20 ao 30 de xuño 2021.
SOLICITUDES PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL E FONDO LIBROS
Estimadas familias:
Informarvos que se abriu a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2021/2022 (Orde do 6 de maio de 2021).
- Como sabedes o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e os catro cursos da ESO pode solicitar libros do fondo solidario para o vindeiro curso.
- O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria pode solicitar axudas para libros de texto.
- Todo o alumnado de Educación Primaria pode solicitar axudas para adquirir material escolar.
As novidades máis salientables desta convocatoria son:
- A devolución e recollida de libros do curso 2020-2021 poderá realizarse ata o 22 de xuño. O alumnado entregaraos no centro educativo o último día de clase (22 de xuño).
- Debido ao cambio na normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para consultar a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, a falta desta, o certificado tributario de imputacións no exercicio 2019, da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar.
FORMAS DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE:
1. Accedendo a aplicación Fondolibros. Cubrindo os datos e gardándoa, obtendo así un número de solicitude. Posteriormente poderán presentala no centro ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
2. Cubrindo a solicitude en papel e entregala no cento educativo.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA:
- Solicitude cuberta e asinada.
- Fotocopia do libro de familia.
- Outra documentación para acreditar grao de discapacidade, sentenza xudicial onde conste a custodia do menor, etc..
PRAZO DE SOLICITUDE: dende o 21 de maio ata 22 de xuño.
AXUDAS PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Alumnado destinatario
1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/2021.
Non ten que presentar solicitude, solicítase automáticamente dende o centro educativo.
2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:
a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.
Neste caso a solicitude debe presentarse de forma presencial no centro educativo (1 solicitude por familia).
O prazo para presentar as solicitudes é dende o 16 ao 27 de novembro de 2020.
O vindeiro luns enviarase a través do alumnado os anexos que se deben presentar.
NOVIDADE SOBRE COMEDORES ESCOLARES
A continuación adxúntase o novo "ACORDO DO CONSELLO EN MATERIA DE COMEDORES ESCOLARES" con data do 15/10/2020.
REUNIÓNS INICIAIS (CURSO 2020-2021)
Estimadas familias:
Comunicarvos que as reunións iniciais serán:
- Educación Infantil: Venres 19 de setembro as 15:45h.
- 1º, 2º, 3º Educación Primaria: Mércores 23 de setembro as 15:45h.
- 4º, 5º, 6º Educación Primaria: Luns 21 de setembro as 15:45h.