Libros de texto. Curso 2024/2025.
O alumnado de sexto de Primaria ao ter E-Dixgal non precisa de libros de texto.
Material escolar. Curso 2023/2024
No documento adxunto poderedes ver a lista de materiais para este curso 2023/2024. Calquera dúbida pódese contactar co centro.
Comedor 2023/2024
As familias xa poden acercarse ao centro a recoller o formulario de solicitude de uso de comedor para o vindeiro curso 2023/2024 en horario de 10:00 a 13:30 ata o 14 de xullo.
Así mesmo infórmase que dende hoxe queda exposto o anuncio polo cal se abre o plazo para inscribirse como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2023/2024.
Ante calquera dúbida, contacten co centro.
AVISOS
1º AVISO
Na porta do centro atópase a lista definitiva dos admitidos de 4º de Educación Infantil para o vindeiro curso 2023/2024. Cómpre dicir que todas as solicitudes foron admitidas.
2º AVISO
Dende o 20 de maio ata o 21 de xuño está aberto o prazo para a solicitude de material e fondo de libros para o vindeiro curso 2023/2024 polo que as familias poderán cubrir as solictudes por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) ou ben cubrir os anexos de xeito manual e e entregalos no centro; as axudas de material están dispoñibles para todo o alumnado de Educación Primaria e o fondo de libros para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria xa que para o curso que vén o alumnado de 5º e 6º terá E-DIXGAL e polo tanto non precisarán libros en papel.
Calquera dúbida contactar co centro.
Un saúdo.
ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO 2023/2024
Na porta de entrada ao centro está dende hoxe publicada a Listaxe Provisional de Admitidos para 4º de Educación Infantil no curso 2023/2024.
Grazas e un saúdo!
Receitas do Entroido 2023.
No seguinte enlace poderedes descargar o libro de receitas de entroido que se fixo coa colaboración das familias.
http://descargas-xuntarquivos.xunta.es/3b53e7d4-5fe3-435a-a7af-d79e17a2dceb1682437267819
O enlace estará dispoñible durante as próximas 96 horas, se despois de transcurrido o tempo algunha familia quere descargalo, pode poñerse en contacto co centro.
Un saúdo!