ConcentraciónConcentración

MENÚ DECEMBRO

Clicade aquí para ver o menú

PLAN DE CONTINXENCIA

Publícase o Plan de Continxencia de Centro.

Preme aquí para descargalo.

MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

MÁSCARAS PARA O ALUMNADO - INFORMACIÓN

 Segundo a ORDE do 6 de novembro de 2020 (DOG 13 de novembro de 2020)  procederase á distribución de máscaras entre o alumnado de educación primaria que resultou beneficiario da axuda para adquirir material escolar (familias cunha renda per cápita igual ou inferior ao limiar de 6.000€, exercicio fiscal 2018).

Este alumnado non terá que presentar no centro ningún tipo de solicitude xa que figura na nosa base de datos.

  •   Se algún alumno/a non foi beneficiario da axuda de material escolar por diferentes circunstancias pero cumple o requisito da renda per cápita igual ou inferior a 6.000€  no exercicio fiscal 2018,  pode presentar unha solicitude  no prazo dos seguintes 10 días achegando o formulario dispoñible no centro docente.

 

En canto recibamos información sobre o procedemento de distribución, periocidade e número de máscaras por alumno/a  serán debidamente informados.

Aviso para as familias

SAMAÍN 2020

Con motivo da celebración do Samaín, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propoñen un xogo de escape para os nosos alumnos e alumnas.

Para acceder a él clicade en arquivos adxuntos.

 

MENÚ NOVEMBRO

 

Clicade aquí para ver o menú

MENÚ OUTUBRO

Clicade aquí para ver o menú

"HÉROES CONTRA O CORONAVIRUS"

 O luns día 28, os alumnos de 6º de Educación Infantil, un grupo seleccionado de alumnos de primaria de 5º e 6º, o que será o equipo "Virus Fighter", e o Equipo COVID do centro, recibiron información sobre o Covid-19 a cargo do Grupo de Educación para a saúde "Pupa, sustos e outros desgustos"

Para máis información podedes entra na páxina web www.pupas.org

 

 

Podedes ver imaxes do encontro en arquivo adxunto.

MODIFICACIÓNS NA ORGANIZACIÓN ESCOLAR

Debido ás últimas recomendacións oficiais e á posta en marcha do Plan de adptación ao contexto COVID 19 do propio centro acordamos realizar unha serie de modificacións:

 EDUCACIÓN INFANTIL

- Potenciarase o uso da máscara na aula e intentarase que o alumnado a leve posta o maior tempo posible dependendo de cada caso en particular.

- Con cada alumno/a poderá entrar un só acompañante ata o patio cuberto. Este acompañante sairá inmediatamente despois de que o alumno/a sexa recollido polo profesorado de garda de entrada.

- De cara a poder manter os grupos burbulla os recreos de educación infantil realizaranse do seguinte xeito: cada día da semana un aula fará recreo media hora antes para que queden xuntos no patio só 4 grupos que xogarán en cada cuadrante de xeito illado.

EDUCACIÓN PRIMARIA

- A toma da merenda de media mañá realizarase dependendo das circunstancias dentro ou fóra da aula.

 - Axilizarase a entrada escalonada do alumnado de primaria cando as condicións metereolóxicas sexan adversas coa disposición de profesorado en todo o percorrido ata as aulas.

Declaración Responsable

Distribuir contido

Calendario

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Polos creativos

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Bibliotecas escolares de Galicia

Proxectos de innovación educativa