MODIFICACIÓNS NA ORGANIZACIÓN ESCOLAR

Debido ás últimas recomendacións oficiais e á posta en marcha do Plan de adptación ao contexto COVID 19 do propio centro acordamos realizar unha serie de modificacións:

 EDUCACIÓN INFANTIL

- Potenciarase o uso da máscara na aula e intentarase que o alumnado a leve posta o maior tempo posible dependendo de cada caso en particular.

- Con cada alumno/a poderá entrar un só acompañante ata o patio cuberto. Este acompañante sairá inmediatamente despois de que o alumno/a sexa recollido polo profesorado de garda de entrada.

- De cara a poder manter os grupos burbulla os recreos de educación infantil realizaranse do seguinte xeito: cada día da semana un aula fará recreo media hora antes para que queden xuntos no patio só 4 grupos que xogarán en cada cuadrante de xeito illado.

EDUCACIÓN PRIMARIA

- A toma da merenda de media mañá realizarase dependendo das circunstancias dentro ou fóra da aula.

 - Axilizarase a entrada escalonada do alumnado de primaria cando as condicións metereolóxicas sexan adversas coa disposición de profesorado en todo o percorrido ata as aulas.

Calendario

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Polos creativos

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Bibliotecas escolares de Galicia

Proxectos de innovación educativa