ANPA

 Familias! Este ano a Anpa está a preparar unha emocionante celebración que nos reúna para dar á benvida á primavera dunha maneira verdaderamente espectacular: a FESTA HOLI 

A festa holi é unha festa hindú,un festival que trascende fronteiras,unindo a persoas de todas as idades,é unha celebración de cor,música e amizade.

 

Para aqueles que non están familiarizados,Holi é unha festividade que marca o fin do inverno e dá a benvida á primavera. É un momento para despedirnos do frío e da escuridade,e da paso á luz. Pero máis aló do seu significado histórico, mergullarémonos nun mar de cores vibrantes,deixando que a música nos leve a que os noso corazóns énchanse de risas e amizade. Será un día cheo de diversión,baile, delicias culinarias e,por suposto, pos de cores que pintarán o ceo e os nosos sorrisos.

 

Así que vos convidamos a todos e todas a deixar as preocupacións na porta e unirse a Anpa Ría de Vigo no noso patio do colexio nesta celebración única e marabillosa.

 

Ídevosla perder!!! 

 

Día: Venres, 12 Abril

Hora: 17:00

Lugar: Patio Ría de Vigo

 

  En caso de choiva aplazariase ao venres 26 de Abril.

 

Moitas grazas ás familias pola asistencia á charla de Rocío Álvarez sobre "Comunicación Eficaz". 

 

Sabemos comunicarnos cos nosos fillos e fillas?

Como o facemos, de xeito asertivo ou autoritario?

Sabedes como afectará a súa educación?

Se queres resolver todas estas dúbidas, achégate o mércores 13 de marzo á ludoteca do Ría.

VOLVE Escuela de Emociones con Rocío Álvarez

 

 

Novo proxecto da Anpa!!! Non o podedes perder!!

Mercadillo de Nadal

Un mercado sostible para darlle unha segunda vida aos obxectos que non usamos(xoguetes,accesorios,roupa infantil...) Colaborando xunt@s por unha boa reciclaxe  fomentando un mundo mellor!

Xa está aquí a III xornada de xogos de mesa do Ría de Vigo organizada pola ANPA!!
Sabías que a mellor forma de aprender é  a través do xogo???
Anímate a pasar unha tarde diferente en familia aprendendo a  descubrir os  moitos beneficios que teñen os xogos!!

Esperámosvos o vindeiro venres 1 de decembro.

A ANPA do CEIP Ría de Vigo presenta un novo proxecto educativo: Escola de familias Imos a aprender todos xuntos!


Únete a esta nova iniciativa en escoladefamiliasria@gmail.con

Un pouco de información sobre a formadora de este mércores:

https://www.instagram.com/escuelademociones/?igshid=OGQ5ZDc2ODk2ZA%3D%3D

Distribuir contido