1º Feira de Pensamento Computacional e Robótica CEIP Plurilingüe Ría de Vigo

Pasámolo en grande con esta nova experiencia, compartimos o traballo do Proxecto

Competencial na Escola.

 No curso 22/23 comezamos a andadura na aula  (STEAM) CTEAM en galego...a través da materia "Proxecto Competencial" iniciando ao alumnado no pensamento computacional cos:

 Robots Escornabot, True True e xogos de mesa " Bit and Byte" , "Robots Turtles" e co xogo dixital de razoamento  " Lightbot" en 1º primaria.

 Coa aplicación SCRATCH Junior (programación por bloques) en 3ºPrimaria.

 Co robot Mbot  e coa aplicación e linguaxe MBLOCK en 5º primaria.

 En sexto traballamos a linguaxe computacional coa aplicación SCRACTH 3.0 e o deseño 3D coa aplicación Tinkercad.