RESERVA PRAZA

                                                              

 

Informamos que todas as solicitudes de admisión presentadas, están concedidas. PARABÉNS e BENVIDOS/AS.

 

O proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autonómicos para o curso 2023/24, regulado pola Orde de 21 de outubro de 2022 e co seguinte calendario:

 

  • Do 15 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023: prazo de reserva para o alumnado que finaliza etapa nun centro e pasa a outro.
  • 22 de febreiro de 2023: publicación da listaxe de alumnado con posto reservado.
  • Do 1 ao 20 de marzo de 2023: prazo de solicitude de admisión para o alumnado que se incorpora por vez primeira ao sistema educativo galego ou para os que cambian de centro de maneira voluntaria.
  • 25 de abril de 2023: publicación da listaxe provisional de admitidos. Cinco días hábiles para formular reclamacións a partir do día seguinte da súa publicación. 
  • 15 de maio de 2023: publicación da listaxe definitiva de admitidos.
  • Do 20 ao 30 de xuño de 2023: unha vez admitido, prazo de formalización de matrícula.