PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ALUMNADO: Presencialmente do 1 ao 10 de setembro (ambos inclusive) ou mediante correo electrónico: ceip.riadevigo@edu.xunta.gal
DOCUMENTACIÓN QUE DEBERÁN PRESENTAR
- Entregarán unha única solicitude para todos os irmáns, debidamente cuberta e asinada, indicando os datos do declarante, cónxuxe (de existir) e os fill@s que solicitan o comedor escolar no CEIP PLURILINGÜE RÍA DE VIGO, o vindeiro curso 2021-2022. A solicitude poden descargala no enlace seguinte ou recollela no centro. Tamén lle será entregada unha solicitude ao comezo de curso ao alumnado que a precise.
ANEXO II - Solicitude - Anexo II Modelo Autodeclaración 2021-22
- Na solicitude ademáis deberán cubrir a casilla que corresponda, (gratuidade total, pagar 1€, pagar 2,50€ ou pagar 4,50€), según os ingresos obtidos dos membros computables da unidade familiar (pai-nai), a 31-12-2020. Deberán sumar os ingresos do pai e da nai durante o ano 2020 e o resultado dividilo entre os membros da unidade familiar (pai-nai-fillos). Según o resultado final obtido, marcarán a casilla que corresponda. Para facilitar o cálculo en función da renda per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar deberán entrar en este enlace:
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES COLABORADORES: ata o 8 de setembro ( INCLUSIVE)
- Presentarase a solicitude debidamente cuberta e asinada na Secretaría do centro. Pode remitirse vía correo electrónico unha solicitude co nome e DNI da persoa interesada.
- Adxuntar certificado dacordo ao seguinte:
O 29 de xullo do 2015 publicouse a Lei 26/2015, de 28 de xullo, de Modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, que modificou a Lei Orgánica 1/1996, de 15 de xaneiro, de Protección xurídica do menor. A nova lei establece textualmente, no seu artigo 13.5 o seguinte:
“Será requisito para o acceso e exercicio ás profesións, oficios e actividades que impliquen contacto habitual con menores, o non ter sido condenado por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que
inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos. A tal efecto, quen pretenda o acceso a tales profesións, oficios ou actividades deberá acreditar esta circunstancia mediante a achega dunha certificación negativa do Rexistro
Central de delincuentes sexuais”
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Autodeclaración comedor 21-22.pdf | 331.02 KB |
ANEXO III- Solicitude colaborador@ comedor escolar.pdf | 267.89 KB |