No anexo aparecen os dous documentos a presentar.
E xa para rematar o curso, o derradeiro día celebramos un PICNIC no patio con todo o alumnado e profes do Ría.Decidimos despedirnos ata o vindeiro curso todos e todas xuntos/as.
Con todo isto, "O Ría" deséxavos un bó verán e esperámosvos en SETEMBRO.
Bo VERÁN!
Actividade para incentivar o uso do galego de xeito regular en diferentes momentos. O alumnado que mostrou interese polo seu uso figurou a súa fotografía dentro dunha estrela ,no paseo da fala , no chan do recibidor da escola.
A cada un dos merecedores deste "espléndido" galardón entregouselles unha letra da palabra "GALEGO" que poderán completar ao longo dos cursos de primaria.