Conmemoramos o día 24 de outubro cunha procura do tesouro, un obradoiro, un contacontos, a presentación das voluntarias do equipo de biblio e, como non podía ser doutra maneira, cunha ollada solidaria cara as nenas/os que non teñen un contiño nos seus fogares. Grazas familias polas vosas doazóns!
12 ficheiros, último engadido a out 25, 2023 Álbum visto 36 veces
O xoves 16 de novembro, baixo un sol que ninguén esperaba, celebramos o magosto en compañía das familias. Xogos populares, castañas asadas e programa de radio en directo son o resumo dunha xornada fantástica! Grazas a todas por vir!
25 ficheiros, último engadido a nov 19, 2023 Álbum visto 49 veces
O día 20 de decembro conmemoramos o Nadal co noso xa tradicional Troco Solidario (alimentos por libros) na feira do noso Concello. Aproveitamos a saída para animar aos nosos maiores do centro Diacopevi cunhas panxoliñas de Nadal. Ao día seguinte, xa no cole, celebramos a nosa primeira "San Silvosa" na que participaron profes, nenas/os e familias. A nosa Anpa preparounos un delicioso chocolate e rematamos cun concerto de panxoliñas de Nadal. Grazas a todas as persoas que nos acompañaron e participaron, dunha maneira ou doutra, coas nosas iniciativas. Felices Festas a todos!
37 ficheiros, último engadido a Dec 22, 2023 Álbum visto 60 veces