Skip to Content

Secretaría

INSCRICIÓN E PROGRAMA ESCOLA DE FAMILIAS AFA FERROL

A Concellería de Benestar Social do Concello de Ferrol xunto coas entidades que forman parte do grupo de traballo de infancia, adolescencia e familia desenvolve unha Escola de Familias Municipal ao longo deste curso escolar e ofrece un módulo sobre ¨A importancia da sexualidade na xuventude¨ dirixido a pais e nais que será impartido por Acción Familiar co apoio técnico da área de Benestar Social.

Adxuntamos ficha de inscripción así como horarios e programa no documento adxunto.

INCIDENCIA COVID

INFORMAMOS QUE HOXE 12 DE XANEIRO RECIBÍUSE UN AVISO DE POSITIVO POR COVID NO COLEXIO. TANTO AS FAMILIAS AFECTADAS COMO AS DO RESTO DA TITORIA XA FORON ADVERTIDAS PERSOALMENTE.

RESERVA DE PRAZA NO IES SOFÍA CASANOVA E NO IES CONCEPCIÓN ARENAL PARA O CURSO 2022-2023

 

O alumnado de 6º de Educación Primaria que desexe cursar 1º da ESO nos IES Sofía Casanova ou Concepción Arenal  (centros aos que estamos adscritos) no vindeiro curso 2022/2023, deberá efectuar a reserva de praza entre o 11 de xaneiro e o 8 de febreiro.

Para iso deberán entregar o impreso Anexo I que se lles proporcionará no centro, debidamente cumprimentado, na secretaría do CEIP Recimil dentro do prazo antes indicado.

 

De precisar un novo impreso poderán descargalo premendo nos seguintes enlaces:

 

Impreso en galego

Impreso en castellano

 

Tamén poderán cubrir a solicitude na aplicación admisiónalumnado dispoñible na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do menú : Solicitudes- Reserva - Crear solicitude, e presentala no centro educativo ou na Sede Electrónica, así como consultar o estado de tramitación da mesma.

MÁSCARAS GRATUITAS ALUMNADO DE ED. PRIMARIA

Bo día. Despois de saír publicado no DOG o procedemento de entrega de máscaras para alumnado matriculado en Ed. Primaria xa as temos no centro.

Informarvos que todas as familias que teñen concedida a axuda para material este curso terán máscaras gratuitas automaticamente.

A recollida de máscaras polas familias beneficiarias  será na secretaría do centro de 09:30 a 13:00 h no seguinte horario:

1º e 2º de Ed. Primaria: 3 de decembro 

3º e 4º de Ed. Primaria: 9 de decembro

5º e 6º de Ed. Primaria: 10 de decembro

 

Aquelas persoas que non poidan acudir nas datas sinaladas poden solicitar cita para recollelas a partir do 10 de decembro no teléfono 881930310.

Moitas grazas e un saúdo. A Dirección.

INCIDENCIA COVID NO CENTRO

INFORMAMOS QUE HOXE 24 DE NOVEMBRO RECIBÍUSE NO CENTRO UN AVISO DE POSITIVO POR COVID NO COLEXIO. TANTO AS FAMILIAS AFECTADAS COMO AS DO RESTO DA TITORIA XA FORON ADVERTIDAS PERSOALMENTE.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

INFORMACIÓN eleccións representantes dos pais/nais/representantes legais ao Consello Escolar de centro 2021

Con data 15/11/2021 a Xunta Electoral proclama candidatos elexibles no sector nais/pais/representantes legais a:

dona Mónica Guarddon García e a 

don Rubén Xosé Leal Pantín

A xornada electoral será o vindeiro luns 22 de novembro de 2021 de 16:30 a 18:30 no propio centro escolar (no vestíbulo).

Esperamos a vosa participación.

CONVOCATORIA DE ASAMBLEA XERAL ORDINARIA ANPA

Bo día.

Iniciado xa o curso escolar 2021-22 consideramos bo momento para reunirnos co fin de presentar a documentación correspondente ao exercicio anterior e falar do curso que temos por diante. Por iso queremos convocarvos  a todas as nais e pais á Asamblea Xeral Ordinaria que terá lugar o vindeiro xoves 21 de outubro ás  8:45 en primeira convocatoria e ás 9:15 en segunda convocatoria.

O emplazamento da reunión será no local da Anpa situado xusto detrás do portalón de entrada ao patio do colexio e de maneira presencial.

                Orde do día:

  • Aprobación da acta anterior.
  • Memoria do curso 2020-21.
  • Estado de contas.
  • Disolución da xunta directiva actual.
  • Renovación da xunta directiva.
  • Rolda de intervencións.

Agardamos contar coa vosa participación.

Un saúdo.

ANPA do CEIP RECIMIL

 

Dende a ANPA do CEIP Recimil queremos comunicar a todos o noso desexo de dar por finalizada a nosa etapa como xunta directiva. Instamos a todos os pais do colexio a animarse a participar para que a nosa representación non desapareza.

Pola nosa parte estaremos sempre dispostas a botar unha man cando sexa preciso. 

Moitas grazas e un saúdo.

Orde de 2 de marzo de 2021

Orde de 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, ESO e BACH.

BENVIDOS/AS AO CEIP RECIMIL

Citas para realizar unha visita presencial ao centro no teléfono:

881 930 310

Solicitude admisión alumnado novo curso 2021/22

Distribuir contido


by Dr. Radut