Skip to Content

Arte

OBRADOIRO DE REPOSTERÍA (PROXECTO ARTE)

O día 9 de decembro, o alumnado de 6ºA participamos nun obradoiro de elaboración de galletas con fondant. A nai de Nerea (María) levounos os ingredientes para decorar as galletas. Non foi moi doado facelas porque rompían con facilidade, pero con paciencia e grazas a María conseguímolo. Utilizamos moldes con forma de bólas de árbore de Nadal. 

Mmmm... Estaban boísimas!!!

 Nerea e Manuel P. (6ºA)

 

PROXECTO "ARTE": VISITA DUNHA MADRIÑA ACTRIZ

 

A visita desta actriz foi o luns 11 de novembro. Chámase Desiré e é a madriña de Héctor.  Ela fai dobraxe, teatro e televisión. Dobrou personaxes na película "cars".

Ensinounos unha máscara, era dunha bandoleira galega, e tamén ensinounos a cambiar a voz.

Amosounos unha película de debuxos na que dobra a algún personaxe.

Grazas Desiré. Encantounos a túa visita!

  

Yeray B., Yeray G. e Héctor - 5ºA

PROXECTO ARTE: FERIDAS FALSAS

Os de 6ºA estivemos facendo unhas feridas falsas, que nos ensinou Isa, unha profesora moi creativa. Fixémolas con mel mesturada con colorante, cera de maquillaxe e unha cera negra.

Así quedaron as feridas:

 

Alicia, 6ºA

PROXECTO "ARTE"

Este curso no centro vaise traballar o Proxecto "Arte". Neste marco gustaríanos contar coa colaboración das familias.

Trátase de que vós: pais, nais, avós, avoas, tíos, tías... veñades á aula dos vosos fillos/as, neto/as, sobriños/as ... para participar no proxecto con charlas, obradoiros, exposicións... en relación á arte (pintura, escultura, música, danza, modelaxe, teatro, poesía...)

Sería o primeiro luns de cada mes na hora de ler (11:30 - 11:55). Agardamos que esta iniciativa sexa do voso agrado, pois a través dela pretendemos un maior achegamento das familias ao centro.

Xa tivemos as primeiras visitas de familiares e esperamos que ao longo do curso se vaian animando máis.

As fotos destas sesións publicaranse na galería, no álbum  PC: A arte gardado na categría Act. Complementarias 19/20.

Circular entregada ao alumnado no arquivo adxunto.

O Equipo de Dinamización de Convivencia

AVÓ ARTISTA EN 1º EP

Proxecto de Centro: A Arte

Na aula de 1º EP recibimos a visita do avó dun compañeiro.

Trouxo unha gaita e ensinounos como se chaman cada unha das súas partes, de que material están feitas, debuxámolas, tocou cancións para nós e bailamos.

Aprendemos moito e pasámolo moi ben!

Moitas grazas a este avó pola súa visita.

Premer na seguinte imaxe para ver estas primeiras fotos. Neste mesmo álbum da galería iranse publicando as imaxes das visitas das familias que se tamén se animen a participar neste proxecto de centro sobre a arte.

Distribuir contido


by Dr. Radut