Skip to Content

Eleccións consello escolar 2018

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

C.E.I.P. PLURILINGÜE ÁNXELA RUIZ ROBLES

               FERROL

 

 

CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE A ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS DE ALUMNOS NO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO

 

Estimados pais/nais de alumnos/as :

 

A Resolución de 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación educativa, (D.O.G. 30/09/22) establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares relativos a elección dos/as representantes de pais/nais de alumnos/as.

 

1.- CONSELLO ESCOLAR.

 

É o órgano de participación no centro dos diferentes sectores da comunidade educativa. Os membros do Consello Escolar son elixidos por 4 anos e renóvanse parcialmente cada dous. Neste curso compre  facer unha renovación de 4 membros.

 

2.- XUNTA ELECTORAL.

 

Todo o proceso electoral estará organizado e supervisado por unha Xunta Electoral. O sorteo público dos seus integrantes celebrarase o 28 de outubro en horario de 11:30.

 

3.- ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS DE ALUMNOS/AS.

 

A)   

Electores

 

O pai e a nai ou os titores legais (poden votar os dous) dos/as alumnos/as no centro e que figuren no censo de pais/nais que estará exposto no taboleiro de anuncios da entrada principal (no lado esquerdo de Secretaría) do colexio a partir do día 10 de novembro de 2022.

Se Vde. non figurase no censo ou advertira algún erro, póñao en coñecemento na secretaría do centro antes do día 17 de novembro para proceder a súa rectificación pola Xunta Electoral.

 

B)   

Elixibles.

 

Todos os electores son elixibles sempre e cando presenten a súa candidatura. Se Vde. quere ser candidato/a ten que solicitalo á Xunta Electoral, para elo pode facer Vde. unha solicitude ou ben recoller na Secretaría do colexio un impreso.

O prazo de presentación de candidaturas será do 11  ao 18 de novembro (ambos os dous inclusive) e durante ese tempo pode Vde. entregar na Secretaría do centro en horario de 09:15 ás 13:30 horas a súa solicitude. (Se pode recoller no centro o modelo de solicitude)

 

C)   

Elección.

 

A votación para a elección dos pais/nais que corresponde renovar farase entre os candidatos admitidos e proclamados pola Xunta Electoral o vindeiro 29 de novembro entre as 9:10 a 10:30 e de 16:15 a 17:30 diante dunha Mesa Electoral constituída por : o director do Centro, que será o seu Presidente e catro pais/nais de alumnos/as designados/as por sorteo público ( que  se trealizará o 22 de novembro ás 11:30 horas) entre os/as que non sexan candidatos/as.

 

Ao remate da votación farase o escrutinio público dos resultados.

 

O voto será directo, secreto e non delegable. Cada elector/a acreditará a súa personalidade mediante a presentación do DNI ou calquera documento acreditativo e fará constar na papeleta ata tres nomes de entre os candidatos.

 

 

 

D)   

Supervisores.

 

Poderán actuar como supervisores/as da votación os/as pais/nais ou titores dos/as alumnos/as matriculados no colexio e propostos/as pola ANPA do colexio ou avalados/as para iso pola sinatura de dez pais/nais.

 

 

 

A aquelas persoas que resulten designados nos sorteos para formar parte da Xunta Electoral ou das Mesas Electorais comunicaráselles por escrito coa suficiente antelación.

 

Os membros integrantes da Xunta Electoral, das Mesas Electorais e os electores que necesiten permiso laboral para o desempeño das súas obrigas, seralles de aplicación o artigo 70.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio (D.O.G. do 1 de xuño) da Función Pública de Galicia.

 

Se Vde. quere máis información sobre este proceso, pode consultar a lexislación seguinte:

 

·        

Decreto 92/88, do 28 de abril polo que se regulan os órganos de goberno dos centros públicos de ensino non universitario (D.O.G. 29-04-88).

·        

Decreto 279/90, do 27 de abril polo que se modifica o artigo 29 do Decreto 92/88 (D.O.G. 17-05-90).

·        

Decreto 374/96, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Orgánico das Escolas de Ed. Infantil e dos Colexio de Ed. Primaria (D.O.G. 21-10-96).

·        

Orde do 21 de outubro de 1.996 pola que se determinan aspectos para a elección dos membros do Consello Escolar nos centros docentes sostidos con fondos públicos, e se fixan as súas datas de celebración (D.O.G. 22-10-96).

·        

Resolución do 26 de setembro de 2016 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación educativa, polo que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos Consellos Escolares dos centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG 4/10/16)

·        

Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos Consellos Escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos DOG 30/09/22)

·        

Tamén pode Vde. Chamar por teléfono ao colexio onde lle facilitaremos toda a información que precise e poñeremos á súa disposición a lexislación citada.

 

 

 

           

 

 

 

             Reciban un cordial saúdo,

 

 

Ferrol, 25 de outubro de 2022

 

A Directora,

 

- Genoveva Valeiro Solsona -

Distribuir contido


by Dr. Radut