O martes 28 de novembro fomos ao CIFP Ferrolterra. Había alumnos/as maiores ca nós e ensináronnos robots que non funcionaban, pero dixéronnos que xa arreglaran 40.
Ensináronnos tres tipos de robots:
- O robot de carreiras: É o máis rápido e ata poderiamos facer carreiras con el.
- O robot paxaro loco: Tiña que moverse para diante e para atrás para manter o equilibrio.
- O robot tanque: Pode ir por un terreo con rochas.
Tamén estivemos montando o taboleiro para as prácticas da nosa participación na "FIRST LEGO League".
Premer na imaxe para vela a tamaño orixinal. Lembramos que as fotos de robótica estanse a publicar no álbum da galería Robótica.
DIVERTÍMONOS MOITO!
6ºEP