Skip to Content

SAMAÍN E MAGOSTO 2017

Estas foron as actividades realizadas, ao longo da semana do 6 ao 10 de novembro, a proposta dos equipos docentes de Dinamización da Lingua Galega e Actividades Extraescolares:

-Unha nova edición do Recinova sobre a Santa Compaña.

-Concurso de contos e debuxos de medo, expostos no corredor de acceso á biblioteca.

-Concurso e exposición de cabazas.

E como remate da semana, o venres 10 de novembro:

-Entrega de premios do concurso de cabazas.

-Degustación de castañas asadas no ximnasio.

-Música en directo a cargo do noso profe Fran, acompañado por dous alumnos de 4ºA.

Ver imaxes na categoría: Actividades Complementarias.

(Álbums: Samaín expo-cabazas - Contos-debuxos medo - Magosto)

Por outra banda o equipo TIC  encargouse de actualizar a sección SAMAÍN - MAGOSTO (incluída dentro do curso CEIP Recimil da aula virtual), coa inclusión de novos recursos, algúns deles elaborados polo profesorado deste equipo docente.



page | by Dr. Radut