O xoves 27 de abril, os nenos e nenas de 3º de EP tivemos a sorte de poder recibir na nosa biblioteca ao artista ferrolán Eduardo Hermida, autor das pinturas murais que enchen de cor o barrio de Canido.
Empezou a súa charla léndonos Punver, un libro moi divertido sobre un vermiño punky, escrito por Yolanda Castaño e que el mesmo ilustrou.
Despois falounos de “As Meninas de Canido”, dixo que sempre sentiu admiración por este cadro de Velázquez e tivo a idea de pintar meninas nas paredes en Canido para dar cor e este barrio que el consideraba que estaba escuro e abandonado.
A súa iniciativa contaxiou a moitos artistas, algúns deles de países estranxeiros, que ano tras ano veñen a este barrio, aportando a súa creatividade e pintando meninas moi orixinais.
Felicitamos a Eduardo por ser o artífice desta obra de arte que sabemos que se coñece xa máis alá das nosas fronteiras.
Antes de marchar, fíxonos debuxos de Punver e dunha menina que despois nós coloreamos. Tamén nos invitou a visitar o seu estudo .
Moitas grazas, Eduardo !!!!!.