O pasado 29 de marzo o alumnado de 6º de E.I. visitamos a oficina de correos.
Estas son algunhas das cousas que máis nos gustaron: botar a carta na caixa do correo con cabeza de león, un ascensor grande no que subían e baixaban as gaiolas coas caixas que tiñan as cartas, o peirao seco onde chegan as furgonetas, motos... de reparto e unha vidreira cun escudo no teito do edificio.
Antes de vir para o cole merendamos e xogamos no Cantón.