Skip to Content

MAGOSTO E SAMAÍN 2015

O xoves 29 de outubro, o alumnado e profesorado do centro, celebramos o Magosto. Comemos castañas asadas todos xuntos no patio, aproveitando un día sen choiva.

Os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º amenizaron a celebración cantando cancións tradicionais galegas coa temática da festa.

Así mesmo, durante a última semana de outubro, púidose visitar a tradicional exposición  de cabazas, onde estaban expostas as gañadoras do concurso que todos os anos facemos polo Samaín.

Un ano máis, e en colaboración co CEP  de Ventín, levamos a cabo o Concurso de Contos e Debuxos de Medo, expostos todos eles no corredor da Biblioteca.

Fotos do Magosto
Fotos do Samaín

 



page | by Dr. Radut