Skip to Content

Alumnos de 3º descubrindo a localidade

Os alumnos/as de 3º de Primaria realizamos o día 20 de marzo un PASEO DIDÁCTICO  polas rúas e prazas de Ferrol para coñecer o noso entorno máis próximo.

Apreciamos as diferenzas entre barrios antigos e modernos.

Entramos nos mercados.

Fixámonos en monumentos adicados a personaxes e acontecementos que tiveron algo que ver na historia da cidade.

Observamos o mobiliario urbano e decatámonos da necesidade de respectalo.

Fixemos preguntas a homes e mulleres que transitaban polas rúas e coas súas amables respostas recollimos información sobre todo o que estabamos a ver.

Localizamos o edificio do Concello dende o que o alcalde e concelleiros gobernan a cidade.

Falamos con persoas que traballan nos servizos municipais e reparamos en que  grazas ás súas tarefas a nosa cidade é máis segura, máis limpa e máis fermosa.

Foi moi divertido e aprendemos moitas cousas.

Por certo, sabiades que hai uns anos había unha importante fábrica de lapis cerca do peirao?

Premendo na imaxe podedes ver moitas máis.

 



page | by Dr. Radut