Skip to Content

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024_2025

Aberto o prazo para solicitar o fondo solidario de libros de texto  para o alumnado que vaia cursar de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria ou 1º da ESO.

O prazo de solicitude será do do 21 de maio ao 21 de xuño, ambos os dous incluídos.

Podedes presentar a solicitude presencialmente no centro educativo no que estean admitidos os nenos e nenas, ou por vía electrónica a través do formulario ED330B na sede electrónica da xunta: 

Importante: o alumnado de 6º de Educación Primaria terá que presentar a solicitude de fondo solidario no instituto no que estea admitido.

Documentación necesaria:

  • Anexo I (solicitude)
  • Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
  • Copia do libro de familia ou equivalente, onde figure o alumnado e demais membros da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio: senteza xudicial ou convenio regulador.
  • Certificado de padrón.
  • Certificado de discapacidade.
  • En caso de violencia de xénero: consultar na secretaría.

      Os documentos serán válidos e eficaces no momento da súa presentación e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2022.

Para máis información podedes consultar na seguinte ligazón:

FONDO SOLIDARIO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS: 8 de xullo no taboleiro do centro

PRAZO DE RECLAMACIÓN ÁS LISTAS PROVISIONAIS: do 9 ao 10 de xullo

PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS: 12 de xullo no taboleiro de centro

RECOLLIDA DOS VALES: do 9 ao 16 de xullo



page | by Dr. Radut