Saúdos familias.
O Meco chegou ao Ángela Ruíz con moitas ganas de pasalo ben. Deixounos os seus mandatos para que a vindeira semana sexa moi divertida para todos e todas.
Atendede ben:
LUNS: o luns colle unha prenda e dálle a volta, vai vestido así como se non te deras conta.
MARTES: o martes vai molar un montón, trae calcetíns diferentes enriba do pantalón.
MÉRCORES: se o mércores no cole queres entrar, algo pintado na cara debes levar.
XOVES: e xa para rematar esta semana singular, un pixama bonitiño terás que levar.
Ide preparando todo, non vaia ser que se enoxe!