Skip to Content

DÍA DE ROSALÍA NO RECIMIL ... CON MÁIS MÚSICA!

Non che digo nada... Pero ¡vaia!

Así soan un par de fragmentos deste poema de Rosalía de Castro coa música de Fran e con voces dun grupo de alumnos/as.

Pasan naquesta vida
cousiñas tan estrañas,
tan raros feitos vense
neste mundo de trampa;
tantos milagres vellos,
tan novas insinanzas,
e tan revoltos allos
con nome de ensaladas,
que non che digo nada...
Pero ¡vaia!
Mais tantas cousas vexo
que me parecen trampa;
tanto sol entre nubes,
e tan revoltas augas
que asemellarse intentan
a unha fontiña crara,
que por non perder tempo
donde non quito racha,
non che digo nada...
Pero ¡vaia!

E tamén actuación no patio durante o recreo. Vídeos publicados na galería, no álbum "Día de Rosalía 2022". 



page | by Dr. Radut