Dende o día 8 de marzo ata o 15 de marzo, temos no colexio unha exposición sobre mulleres que fixeron historia (facilitada polo CIFP Ferrolterra).
Invitamos ás familias a visitala no seguinte horario:
De 09.05 a 10:00
De 13:00 a 13:50
De Ferrol son Concepción Arenal (moi crítica coa inxustiza social do seu tempo, especialmente contra a marxinación da muller) e Nona Inés Vilariño (unha das mulleres que loitou para que a Constitución establecese a igualdade entre homes e mulleres).
Énlace ao álbum: Donas de si. Mulleres con historia
Aínda que nacida na provincia de León, Ángela Ruiz Robles exerceu como mestra en Ferrol desde o ano 1918. Foi directora do noso centro (entón chamado "Ibañez Martín") desde o ano 1959 ata a súa xubilación. En recoñecemento a unha vida adicada ao ensino e á investigación hai unha placa na parede dereita da fachada principal do CEIP Recimil colocada polo Concello de Ferrol en 1998.
Tamén foi inventora, mesmo é considerada a precursora do libro dixital por un dos seus inventos: "A Enciclopedia mecánica".
Equipo de Convivencia