Skip to Content

POSTAIS DE NADAL (Nadal 2016)

Durante os primeiros días do mes de decembro, os alumnos/as do colexio fixeron as Postais de Nadal.

Cada curso agasallaba a outro curso, de modo que todos os nenos/as recibiron unha postal, co seu nome, doutro compañeiro/a do centro.

Algunhas mostras das postais son as seguintes...

Cando os alumnos/as recibiron as postais dos seu compañeiros/as, seleccionaron a que máis lles gustou. Con todas as postais seleccionadas fíxose unha exposición na sala do profesorado. Todo o profesorado e o persoal non docente votou a postal que máis lle gustou.

A postal gañadora foi feita por un alumno de 6º A e regalada a un neno de 6º B.

Esperamos que gozarades con estes vistosos traballos.

BO NADAL a todos/as!!



page | by Dr. Radut