Skip to Content

O noso proxecto

Reboreda: Parque xurásico

O proxecto de este ano chámase: Reboreda, Parque xurásico.

 

Creamos o noso propio material sobre os dinosauros!

Celebramos o Día da Muller

O 8 de marzo foi o Día Internacional da Muller, chamado antes Día da Muller Traballadora.

No noso centro pensamos que un día non é suficiente, e esforzámonos por que todos os días sexan oportunidades para traballar a igualdade entre homes e mulleres.

Neste curso, decidimos aproveitar esta semana para celebrar a vida e traballo de mulleres relacionadas coa paleontoloxía e, en xeral, cos dinosauros.

Clicando na imaxe poderás ver os traballos do noso alumnado, e descubrir a moitas mulleres brillantes.

Álbum: Curso 2021/22 -> Día Internacional da Muller

Entroido 2022

Neste álbum da galería de fotos do centro podedes ver as imaxes do entroido.

Irémolo actualizando pouco a pouco.

Clicade na imaxe ↓

Álbum: Curso 2021/22 -> Entroido

As mandas do meco 2022

Dino Entroido no Cole

A semana que vén celebraremos o Entroido.

Estade moi atentos e atentas ás mandas do Meco, que este curso están relacionados co noso proxecto dos dinosauros ;)

Pinturas rupestres das Baleas

Artistas!

Non te extingas, namórate!

 As baleas celebran o día do amor 

Mobilízate pola selva!

Dentro deste proxecto do cambio climático, o alumnado de primeiro investigou sobre a importancia dos bosques.

Como parte da súa exposición, propóñennos axudalos a conseguir apadriñar un chimpancé na selva do Congo, a través da recolección de teléfonos móbiles antigos en desuso.

Os hábitats dos animais están en perigo.

Axudádenos nesta loita.

Distribuir contido


by Dr. Radut